martes, 7 de julio de 2015
domingo, 28 de junio de 2015
CONCERTO DE "LOS SWINGDOMABLES"
O incomparable marco da
Praza do Reló acolleu o pasado venres 26 de xuño o primeiro dos tres concertos que temos organizados para celebrar o noso X aniversario. Pasamos una
velada moi agradable en compañía da Big Band “Los Singdomables Jazz Orquestra”
que coa súa gran actuación deleitaron o público que se achegou ata a Praza do
Reló para gozar da música de jazz e swing. Foi un espectáculo entretido e diferente,
presenciado por unha abondosa concorrencia que se deixou levar polos acordes desta estupenda
banda. A presentación estivo a cargo de David Álvarez, membro da directiva da
Agrupación Musical de A Guarda.
Grazas por facernos pasar tan bo rato coa vosa
música e a vosa simpatía.
Etiquetas:
Concertos,
Noticias e avisos
jueves, 18 de junio de 2015
martes, 9 de junio de 2015
domingo, 3 de mayo de 2015
I ENCONTRO DE BANDAS INFANTILES 2015
Onte día 2 de maio tivo lugar o I Encontro de Bandas Infantiles, concerto que por mor do mal tempo houbo que celebrar a cuberto, nesta ocasión e por primeira vez o marco que finalmente acolleu ás bandas foi a Casa dos Alonsos, na Praza do Reló.
Ante unha boa afluencia de público actuaron a Minibanda de Mougás e a Banda Infantil da Agrupación Musical de A Guarda, presentados por Víctor Luís Alonso Treinta. Ás dúas bandas ofreceron un magnífico concerto e foron moi ovacionadas polo numeroso público.
Felicitamos ós rapaces e rapazas que tocaron moi ben e tamén ós directores Luís Giráldez (Minibanda de Mougás) e J. Antonio Soutelo (Banda Infantil da Agrupación Musical da Guarda).
![]() | ||||
| Momento da actuación da Minibanda de Mougás baixo a dirección de Luís Giráldez |
![]() | |||||||
| A presidenta da Agrupación Musical de A Guarda Elena Álvarez fai entrega dun agasallo a Luís Giráldez |
![]() |
| A Banda Infantil da Agrupación Musical da Guarda co seu director J. Antonio Soutelo |
* Fotos cedidas por Lalo Rodríguez
Etiquetas:
Actuacións,
Concertos,
intercambios
viernes, 1 de mayo de 2015
jueves, 30 de abril de 2015
CAMBIO DE UBICACIÓN DO ENCONTRO DE BANDAS
Queremos comunicarvos que por razóns alleas a nós, en caso de chuvia o I Encontro de Bandas Infantiles terá lugar na Casa dos Alonsos (Praza do Reló) e non no colexio como estaba previsto.
Esperamos que veñades a vernos!
Esperamos que veñades a vernos!
Etiquetas:
Noticias e avisos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







