martes, 9 de junio de 2015
domingo, 3 de mayo de 2015
I ENCONTRO DE BANDAS INFANTILES 2015
Onte día 2 de maio tivo lugar o I Encontro de Bandas Infantiles, concerto que por mor do mal tempo houbo que celebrar a cuberto, nesta ocasión e por primeira vez o marco que finalmente acolleu ás bandas foi a Casa dos Alonsos, na Praza do Reló.
Ante unha boa afluencia de público actuaron a Minibanda de Mougás e a Banda Infantil da Agrupación Musical de A Guarda, presentados por Víctor Luís Alonso Treinta. Ás dúas bandas ofreceron un magnífico concerto e foron moi ovacionadas polo numeroso público.
Felicitamos ós rapaces e rapazas que tocaron moi ben e tamén ós directores Luís Giráldez (Minibanda de Mougás) e J. Antonio Soutelo (Banda Infantil da Agrupación Musical da Guarda).
![]() | ||||
| Momento da actuación da Minibanda de Mougás baixo a dirección de Luís Giráldez |
![]() | |||||||
| A presidenta da Agrupación Musical de A Guarda Elena Álvarez fai entrega dun agasallo a Luís Giráldez |
![]() |
| A Banda Infantil da Agrupación Musical da Guarda co seu director J. Antonio Soutelo |
* Fotos cedidas por Lalo Rodríguez
Etiquetas:
Actuacións,
Concertos,
intercambios
viernes, 1 de mayo de 2015
jueves, 30 de abril de 2015
CAMBIO DE UBICACIÓN DO ENCONTRO DE BANDAS
Queremos comunicarvos que por razóns alleas a nós, en caso de chuvia o I Encontro de Bandas Infantiles terá lugar na Casa dos Alonsos (Praza do Reló) e non no colexio como estaba previsto.
Esperamos que veñades a vernos!
Esperamos que veñades a vernos!
Etiquetas:
Noticias e avisos
jueves, 19 de febrero de 2015
AVISO A TODOS OS SOCIOS E SOCIAS
Asemblea Xeral Ordinaria o vindeiro día 28 de febreiro, ás 19:30 h en primeira convocatoria e ás 20:00 h en segunda, como sempre no local de ensaios da banda.
Non faltedes!!
Non faltedes!!
Etiquetas:
Noticias e avisos
lunes, 29 de diciembre de 2014
SORTEO NADAL
Pois este ano tampouco houbo sorte coa lotería de Nadal, pero revisade as vosas participacións por se algún de vos é o agraciado coa cea que se sorteaba co número de serie das papeletas da agrupación.
O número premiado é o 437
FELIZ 2015 !!
O número premiado é o 437
FELIZ 2015 !!
Etiquetas:
Noticias e avisos
lunes, 24 de noviembre de 2014
CONCERTO SANTA CECICLIA 2014
Gran afluencia de público na
igrexa a pesar da chuvia que non parou en todo o día para presenciar o concerto
que deu comezo ás 20:30 h como estaba previsto. A Banda Infantil dirixida como sempre por J. Antonio Soutelo, fixo unha
magnifica actuación e os rapaces convenceron o público que se entregou, respondendo con
fortes aplausos. As nosas felicitacións
a todos os seus compoñentes e a José
Antonio que fixo un gran traballo.
Ó rematar os músicos retiráronse
para dar paso ós seus compañeiros da Agrupación Musical da Guarda pero antes de comezar á súa actuación, o
presentador D. Jesús García Villadóniga,
foi chamando un a un ós músicos da infantil que pasan a formar parte da banda
grande desde agora, para que recibiran
da man dos seus compañeiros Coral, Laura e Raquel a insignia da Agrupación e se
incorporaran ó grupo. Entre os novos
compoñentes da banda atópase a nosa presidenta Elena que coa súa
constancia conseguiu acadar a súa meta. Foi a súa propia filla Melissa,
compoñente tamén da agrupación, quen lle puxo a insignia e a convidou a
sentarse na súa cadeira. Dende agora nai e filla compartirán a súa afección. Desexámoste
unha longa traxectoria musical. E por suposto parabéns tamén ás outras tres
rapazas que comezan a unha nova etapa chea de ilusión e optimismo. Os nomes destes novos músicos
son:
Alba Barbosa ........saxofón
Coral ponlle a insignia á súa nova compañeira Elena
Andrea Fernández .........Frauta
Andrea posa con Laura despois de recibir a insignia
Elena Álvarez......... Saxofón
Melissa ponlle a insignia á súa nai Elena, a nosa presidenta
* Fotos cedidas por Lalo Rodríguez
Unha vez acomodados, Víctor Alonso Treinta dirixiu a actuación dos maiores ofrecendo catro obras, unha delas con Melissa como clarinete solista que foi moi ovacionada. O público implicouse coa banda desde o principio e gozou coas interpretacións dos nosos músicos que estiveron estupendos e, por certo moi elegantes co seu novo uniforme que estreaban para a ocasión. A banda agradeceu os aplausos dos presentes cun pasodoble fóra de programa, co que puxeron fin á súa participación neste concerto. Moi ben rapaces, seguide así. Parabéns Víctor.
Antes de rematar Miguel Carrero
un dos percusionistas da banda entregou un agasallo a D. Jesús en nome da
Agrupación Musical da Guarda. Queremos agradecerlle dende aquí a súa inestimable
colaboración, xa que sen a súa axuda non sería posible a realización deste
concerto.
Grazas tamén a todos os que nos
acompañastes nesta data tan especial para os músicos pola vosa presenza, polo
voso apoio e pola vosa fidelidade porque sabemos que moitos de vos estades aí
sempre que tocamos. Ata o vindeiro ano.
Etiquetas:
Actuacións,
Concertos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








