miércoles, 13 de agosto de 2014
sábado, 2 de agosto de 2014
CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE PÁJARA
O pasado día 23 de
xullo visitounos a Banda de Música Municipal de Pájara (Fuerteventura) que se encontraba facendo una xira pola zona,
e a que tivemos ocasión de acompañar nun concerto ofrecido na Praza de San
Bieito. Un dos compoñentes desa agrupación é veciño da Guarda aínda que leva
moitos anos residindo nas Canarias. Desde aquí enviámoslles un afectuoso saúdo, foi un verdadeiro
pracer contar coa súa presenza e desexamos
que gozaran da súa estadía na nosa terra.
![]() |
| Bandade Música de Pájara |
![]() | ||
| Lito, compoñente da banda de Pájara e veciño da Guarda con Elena, presidenta da nosa Agrupación |
![]() | ||
| Os dous directores ó finalizar o concerto |
Para ver todas as fotografías de Lalo Rodríguez
Etiquetas:
Concertos,
Noticias e avisos
domingo, 8 de junio de 2014
CONCERTO SOLIDARIO
Pois ao final, foi
no colexio dos PP Somascos. O sábado amañeceu un día inestable que nos levou a
dubidar sobre ónde celebrar o Concerto Solidario previsto inicialmente na Praza
de San Bieito. A tarde desapracible por mor do vento e do frío fíxonos
descartar a praza como escenario debido a ameaza de chuvia e unha vez máis o patio
cuberto do cole acolleu á nosa agrupación.
Este ano o concerto
foi a beneficio da Cruz Vermella, cuxos voluntarios estiveron no evento para
recoller os alimentos doados pola xente que se achegaba a presenciar o
concerto. Tamén ofreceron ós presentes a lotería do Sorteo del Oro e
información das actividades levadas a cabo por esta organización na zona.
O evento presentado
por Óscar Dorado, comezou coa actuación dos alumnos de percusión da nosa
agrupación Brais, María, Jose e Julián, interpretando dúas divertidas pezas
cuns “instrumentos” moi orixinais que arrincaron fortes aplausos do público.
A
continuación un dúo tamén de percusionistas formado por Miguel e Jorge
sorprenderon o todos coa súa destreza coas baterías sendo moi ovacionados.
O presentador deu
paso á segunda parte do concerto esta vez a cargo da Banda Infantil. Dirixidos
por J. Antonio Soutelo fixeron unha gran actuación e continuaron con tres pezas
acompañados polas voces do Coro Infantil do Colexio dos PP Somascos. Parabéns.
Para finalizar o
concerto a Agrupación Musical da Guarda, como sempre baixo a dirección de
Víctor Alonso Treinta, ofreceu varios temas e fixeron pasar un bo rato ós alí
presentes que marcharon satisfeitos. Unha magnífica actuación cunha gran
sonoridade e animación. Moi ben rapaces, seguide así.
O noso
agradecemento a todos os que se achegaron para colaborar nesta causa. Grazas
tamén á dirección do colexio por prestarnos as súas instalacións para levar a
cabo esta actividade solidaria.
Etiquetas:
Actuacións,
Concertos
lunes, 2 de junio de 2014
CONCERTO NO COLEXIO
O pasado sábado día 31 tivo lugar no colexio dos PP Somascos o concerto infantil, cunha moi boa acollida por parte do público que se achegou ata o patio do colexio para escoitar os nenos e nenas que compoñen os dous grupos participantes. Cun pequeno retraso por causas alleas a nós abriu o concerto o Coro do Colexio dos PP Somascos, grupo formado por máis de 50 nenos e nenas de entre 5 e 15 anos. Os rapaces dirixidos por Mari Silda cantaron tres pezas populares galegas,conseguindo entusiasmar as máis de 200 persoas que enchían o patio.
Seguidamente os 27 rapaces e rapazas da banda infantil da Agrupación Musical da Guarda acomodáronse nas súas cadeiras para comezar a actuación baixo a dirección de J. Antonio Soutelo Muñoz.
O remate, o Coro volveu as súas bancadas para cantar de novo, esta vez acompañados pola banda.
Foi un fermoso concerto, non só polo ben que o fixeron senón tamén pola simpatía dos máis pequenos que fixeron as delicias do público. Unha nova experiencia tanto para o coro como para a banda infantil, xa que nunca antes actuaran conxuntamente e o resultado non puido ser mellor. Agora teremos ocasión de escoitalos de novo no concerto solidario do vindeiro día 7, esta vez na Praza de San Bieito. Acudide a velos, seguro que non vos decepcionarán.
Agradecemos ós PP Somascos a súa desinteresada e importantísima colaboración ó prestarnos ás súas instalacións sempre que o necesitamos, e tamén grazas a todos os que vos achegastes para gozar da música e das voces destes rapaces e rapazas.
Galería de fotos de Lalo Rodríguez
Etiquetas:
Actuacións,
Concertos
domingo, 1 de junio de 2014
jueves, 22 de mayo de 2014
lunes, 17 de febrero de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












