domingo, 1 de junio de 2014
jueves, 22 de mayo de 2014
lunes, 17 de febrero de 2014
domingo, 19 de enero de 2014
ACTUACIÓN LUAR
O vindeiro venres día 24 de xaneiro a Agrupación Musical da Guarda actuará no programa LUAR da Televisión de Galicia. Será ás 22:00 h.
Etiquetas:
Noticias e avisos
martes, 26 de noviembre de 2013
CONCERTO SANTA CECILIA 2013
O pasado sábado día
23 (por unha vez sen choiva) celebramos un ano máis a festividade de Santa
Cecilia co tradicional concerto na igrexa parroquial de Santa María da Guarda,
no que D. Jesús García Villadóniga como ven sendo habitual, foi o presentador do evento. Nesta ocasión a celebración tiña algo
especial para nós xa que durante o concerto fixémoslle unha pequena homenaxe a
D. Florindo Lomba González, primeiro presidente e membro fundador da banda que
decidiu deixar á directiva hai tan só uns meses, despois de once anos na presidencia.
Abriu o concerto a Banda Infantil que interpretou tres pezas de diferentes estilos
musicais dirixidos por José Antonio Soutelo. O público premiou ós rapaces cunha
forte ovación e estes tocaron unha peza mais. Ó remate da súa actuación algúns
dos compoñentes máis veteranos da banda entregaron a insignia da agrupación ós
músicos desta sección que a partir de agora formarán parte da banda grande, a
Agrupación Musical da Guarda.
Os novos
compoñentes son:
Andrea González Lorenzo ...... clarinete
![]() |
| David Rodríguez ponlle a insignia a Andrea |
Gemma coa súa nova compañeira Elena
Miguel Barbosa González....... tuba
Óscar Arias con Miguel
A continuación D. Jesús, en nome de toda a agrupación
dedicoulle unhas palabras a Florindo salientando á súa desinteresada
colaboración ó longo de todos estes anos. Foron anos de crecemento para a
agrupación que comezou alá polo ano 2001 partindo de cero, contando só cun
grupo de nenos e nenas que querían aprender a tocar e coa ilusión dun grupo de
persoas que creron no proxecto de formar unha banda de música no noso pobo. O
resultado está aí, hoxe en día temos
unha banda que está a ser coñecida en toda a xeografía galega e ademais unha
banda infantil que promete. Entre estas persoas estaba Florindo, sempre
traballando e dedicando o seu tempo libre á agrupación. En agradecemento á súa
colaboración quixemos facerlle esta homenaxe e outorgarlle a insignia de ouro
da Agrupación Musical da Guarda, máximo distintivo da nosa asociación.
A
insignia foille entregada pola actual presidenta María Elena Álvarez Silva. Seguidamente
entregamos un ramo de flores a María Teresa, a dona de Florindo.
Unha vez preparados os maiores, comezou a súa actuación a Agrupación Musical da
Guarda xa cos seus novos músicos. Dirixidos por Víctor Alonso Treinta
interpretaron cinco pezas variadas que foron moi aplaudidas polos público que
practicamente enchía a igrexa. Antes
de cerrar ó acto un membro da banda, Miguel Carrero entregou un agasallo a D.
Jesús.
Desde
estas liñas queremos agradecerlle que nos preste a igrexa para a celebración
deste evento, e por suposto a súa disposición a colaborar con nós sempre que o
necesitamos. Moitas grazas tamén a todos os que se achegaron para escoitarnos,
esperamos vernos de novo o vindeiro ano.
Etiquetas:
Actuacións,
Concertos
miércoles, 13 de noviembre de 2013
jueves, 5 de septiembre de 2013
VII FESTIVAL DE BANDAS "VILA DA GUARDA"
Tarde de praia a do pasado sábado na que
celebramos o VII Festival de Bandas “Vila da Guarda” na Praza de San Benito, que aínda que nun
principio tiña pouca xente nas bancadas, pouco a pouco o público foise achegando
ata encher o auditorio. Cun
tempo inmellorable para gozar dun evento deste tipo e a hora prevista, ás bandas percorreron o
paseo do porto para facer a súa entrada na praza. A
noite calorosa e sin vento fixo que a música
soara mellor que nunca animando e convencendo ós presentes que o final
pediron “outra”. Xa finalizado o concerto procedeuse a entrega
duns agasallos ás bandas invitadas e ó sorteo dun lote de produtos entre
os
asistentes.
A Unión Musical de Cabral facendo asúa presentación na Praza de San Benito
Agrupación Musical Ateneo Santa Cecilia de Marín ó término do seu pasarrúas
Agrupación Muscal da Guarda entrando no auditorio
![]() |
| Os tres directores ó finalizar o concerto |
Dende aquí queremos agradecer unha vez máis a colaboración de todos os establecementos e institucións que coa súa axuda fixeron posible a realización deste festival. Grazas tamén a Elena Baz pola súa desinteresada colaboración, a Tini Lomba, os PP Somascos e por suposto, grazas a todos os asistentes que coa súa presenza e boa acollida demostraron outra vez que o Festival de Bandas ocupa un lugar importante nas actividades culturais do noso pobo, por iso seguiremos traballando para poder ofrecer unha nova edición o vindeiro ano na que esperamos velos de novo.
![]() |
| Elena Baz presentando o Festival |
![]() |
| Entrega do lote sorteado á dona do boleto agraciado |
Etiquetas:
Concertos,
Festivales
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















