jueves, 5 de septiembre de 2013

VII FESTIVAL DE BANDAS "VILA DA GUARDA"



         Tarde de praia a do pasado sábado na que celebramos o VII Festival de Bandas “Vila da Guarda”  na Praza de San Benito, que aínda que nun principio tiña pouca xente nas bancadas, pouco a pouco o público foise achegando ata encher o auditorio.  Cun tempo inmellorable para gozar dun evento deste tipo e  a hora prevista, ás bandas percorreron o paseo do porto para facer a súa entrada na praza. A noite calorosa e sin vento fixo que a música soara mellor que nunca animando e convencendo ós presentes que o final pediron “outra”. Xa finalizado o concerto procedeuse a entrega duns agasallos ás bandas invitadas e ó sorteo dun lote de produtos entre os asistentes.
  





A Unión Musical de Cabral facendo asúa presentación na Praza de San Benito






 Agrupación Musical Ateneo Santa Cecilia de Marín ó término do seu pasarrúas














 Agrupación Muscal da Guarda entrando no auditorio








Os tres directores ó finalizar o concerto
 
 Dende aquí queremos agradecer unha vez máis a colaboración de todos os establecementos e institucións que coa súa axuda fixeron posible a realización deste festival. Grazas tamén a Elena Baz pola súa desinteresada colaboración, a Tini Lomba, os PP Somascos e por suposto, grazas a todos os asistentes que coa súa presenza e boa acollida demostraron outra vez que o Festival de Bandas ocupa un lugar importante nas actividades culturais do noso pobo, por iso seguiremos traballando para poder ofrecer unha nova edición o vindeiro ano na que esperamos velos de novo.


Elena Baz presentando o Festival

Entrega do lote sorteado á dona do boleto agraciado

miércoles, 22 de mayo de 2013

CONCERTO SOLIDARIO

Tarde fría a do pasado sábado para celebrar o concerto solidario na Praza de San Benito. Aínda que non choveu,  o auditorio non se encheu pero o público alí congregado achegou o seu gran de area doando unha boa cantidade de alimentos que, o finalizar o concerto, foron entregados á asociación San Vicente de Paúl para ser distribuidos entre as familias menos favorecidas da nosa vila. O acto estivo presentado polo noso párroco Don Jesús, sempre disposto a colaborar cando se precisa da súa axuda. Desde estas liñas queremos agradecer a todo o mundo a súa colaboración con esta causa.

A continuación, unhas fotos de Lalo Rodríguez:
































Para ver o resto preme aquí

sábado, 11 de mayo de 2013

CONCERTO PARA RECOLLIDA DE ALIMENTOS


Colabora doando alimentos para unha boa causa. Estaremos na Praza de San Benito o día 18 de maio.
No faltes, a túa axuda é importante. Grazas pola túa colaboración.

jueves, 28 de febrero de 2013

Vídeos do Concerto de Santa Cecilia 2012

Xa están dispoñibles (inda que con retraso) os vídeos do concerto de Santa Cecilia 2012.

Tedes o concerto íntegro neste enlace.

E aquí quedan dous dos vídeos:

La Boda de Luís Alonso


Cavaleiros de Santiago


lunes, 3 de diciembre de 2012

CONCERTO DE SANTA CECILIA 2012

Excelente actuación a que ofreceron as dúas bandas da Agrupación Musical de A Guarda no concerto do pasado sábado día 1 para celebrar a festividade de Santa Cecilia, padroa dos músicos, como tódolos anos na igrexa Parroquial de Santa María de A Guarda. O público achegouse ata o templo que estaba practicamente cheo para escoitar en primeiro lugar á Banda Infantil. Con moita ilusión os pequenos abriron o seu programa cun pasodobre e, arroupados polos fortes aplausos dos presentes continuaron con catro pezas de diferentes estilos, amosando os grandes progresos que están a realizar grazas o gran traballo do seu director José Antonio Soutelo, e por suposto ó esforzo destes cativos que ensaian semana tras semana para facer soar os seus instrumentos o mellor posible, esforzo que se viu recompensando cando o público pediulles “outra”, petición que foi concedida polos músicos cunha nova peza fóra de programa.
          
Ó remate da actuación, D. Jesús que como é habitual presentou o acto, comezou a chamar ós músicos que dende agora pasan a integrarse na banda dos maiores para impoñerlles o “pin” da Agrupación, acto simbólico co que se fai oficial  o seu ingreso nesta formación musical. Nesta ocasión foron seis os rapaces e rapazas que “pasaron”:

               -NATALIA FERNÁNDEZ LOMBA…………….…......…..…...FRAUTA.
               -DAFNE PIÑEIRO GONZÁLEZ………………….……..…TROMPETA.
               -BRAIS VERDE VERDE………………… ……………….PERCUSIÓN.
              -SAMUEL  LOUREIRO LOMBA……………. .……..…….CLARINETE.
              -DANIEL PORTELA PÉREZ………………….….…………TROMPETA.
              -THOMAS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ………..……………SAXOFÓN.
     
Seguidamente  os novos músicos acomodáronse nas súas cadeiras cos seus compañeiros da banda “grande” para tocar por primeira vez con eles de maneira oficial.

A Agrupación Musical de A Guarda comezou a súa actuación estupendamente dirixidos por Víctor Alonso Treinta,  coa obra “Alborada Galega”  con Sara Márquez como gaiteira solista. A continuación interpretaron catro pezas logrando gañarse ó público que os premiou cunha gran ovación e voces de “outra”, a banda correspondeu  cun outra obra galega. Pero antes de rematar, o director Víctor  fixo un inciso para que en nome da Xunta Directiva, un compoñente da banda fixera entrega do “pin” a D. Jesús en agradecemento pola súa desinteresada e continuada colaboración dese os inicios desta Agrupación. Grazas D. Jesús por permitirnos a celebración deste evento a pesar de ter que “desmontar “ media igrexa  para poder acomodar á banda. Sen a súa colaboración  a celebración deste concerto non sería posible.

Galería de imaxes - Autor Lalo Rodríguez.