domingo, 29 de diciembre de 2024

CONCERTO DE NADAL

Pechamos o 2024 con este Concerto de Nadal no Recreo Artístico Guardés. Esperamos que vos gustara.
O noso agradecmento á directiva do Recreo Artístico por contar con nós unha vez máis. 
Agora uns días de descanso e retomamos xa a nosa actividade para preparar novas actuación para o 2025.
Vémonos pronto. Feliz 2025!
 






Este concerto está incluído no programa Culturea. 




viernes, 27 de diciembre de 2024

CONCERTO DE NADAL


Último concerto do ano, mañá sábado no Recreo Artístico Guardés. Non faltedes!


 

lunes, 23 de diciembre de 2024

domingo, 22 de diciembre de 2024

XORNADAS INSTRUMENTAIS (4)

 E o broche de ouro para pechar estas Xornadas Transfronteirizas: o Encontro de Bandas da Foz do Miño, no que participamos xunto coa Agrupación Musical do Rosal e a Banda de Música de Lanhelas no pavillón municipal de Caminha. 

O noso agradecemento á Cámara de Caminha pola organización deste evento e por suposto ao Concello de A Guarda e ao Departamento de Cultura do Concello.






                                                                         






domingo, 15 de diciembre de 2024

XORNADAS INSTRUMENTAIS EUROCIDADE (3)

 E como broche de ouro concerto conxunto en Caminha. Non faltedes!


XORNADAS INSTRUMENTAIS TRANSFRONTEIRIZAS (2)

Onte día 14 tiveron lugar as Xornadas Instrumentais Eurocidade coas Clases Maxistrais de clarinete e de saxofón, impartidas por Asterio Leiva Piñeiro e Rafael Yebra Rivera, respectivamente, os dous profesores do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Con estas clases remata este ciclo de xornadas instrumentais, aínda que os actos de capacitación deste programa pecharán o vindeiro sábado día 21 cun Encontro de Bandas que terá lugar en Caminha. 

O noso agradecemento ao Concello de A Guarda por esta iniciativa.

 
 
 

martes, 10 de diciembre de 2024

XORMADAS INSTRUMENTAIS TRANSFRONTEIRIZAS (1)

O pasado sábado tiveron lugar as Xornadas Instrumentais Eurocidade, nas que os alumnos desfrutaron de Clases Maxistrais de vento-metal e de percusión, da man de Hansel Luis Díez  e José Antonio González Guevara. O noso agradecemento ao Concello de A Guarda por esta iniciativa.

Aproveitamos para lembrarvos que o vindeiro sábado día 14 teremos unha nova xornada instrumental con clases maxistrais de clarinete e saxofón, a cargo de Asterio Leiva Piñeiro e Rafael Yebra Rivera.

Aquí tedes unhas imaxes da xornada.