Onte sábado foi o noso concerto de Sana Cecilia na igrexa parroquial, actuando en primeiro lugar o Grupo de Iniciación da nosa banda e a continuación a Agrupación Musical de A Guarda. Entre as dúas actuacións fíxose unha paréntese pra facer entrega da insignia da Agruación aos novos e novas compoñentes que se incorporaron este ano. Son as seguintes:
Lucía (trombón), quen recibe a insignia da súa irmá Sara:

Hugo (trombón), entrégalle a insignia o seu irmán Pablo:
Roque (bombardino), entrega o seu compañeiro Lucas:

Diana (trompa) recibe a insignia de mans da súa filla Dafne:

Teresa (clarinete) a quen lle entrega a insignia o seu sobriño Samuel:

Aquí tedes unhas imaxes do concerto:
Esperamos que vos gustara. Moitas grazas a todos e todas por asistir e o noso agradecemento ao noso párroco e ao Concello de A Guarda pola súa colaboración.