lunes, 6 de mayo de 2024

CONCERTO DÍA DA NAI

 Fermosa tarde onte no Recreo Artístico Guardés. Encantados de compartir con todos e todas esta celebración do Día da Nai. Moitas grazas polos vosos aplausos e a boa acollida que tivemos.

O noso agradecemento á Directiva do Recreo Artístico por contar con nós e polo trato recibido.

Aquí tedes unhas imaxes do concerto.




 Actuación dentro do programa Culturea 



domingo, 5 de mayo de 2024

CONCERTO DE PRIMAVERA

 

Compartimos con vós algunhas fotos do concerto de onte na Casa dos Alonsos. Moi contentos co resultado e moi agradecidos con todo o público asistente, que non foi pouco a pesares do mal tempo.
Agradecer tamén ao Concello e á Concellería de Cultura pola súa colaboración.