Este concerto está incluído no programa Culturea.
domingo, 29 de diciembre de 2024
CONCERTO DE NADAL
viernes, 27 de diciembre de 2024
lunes, 23 de diciembre de 2024
domingo, 22 de diciembre de 2024
XORNADAS INSTRUMENTAIS (4)
E o broche de ouro para pechar estas Xornadas Transfronteirizas: o Encontro de Bandas da Foz do Miño, no que participamos xunto coa Agrupación Musical do Rosal e a Banda de Música de Lanhelas no pavillón municipal de Caminha.
O noso agradecemento á Cámara de Caminha pola organización deste evento e por suposto ao Concello de A Guarda e ao Departamento de Cultura do Concello.

domingo, 15 de diciembre de 2024
XORNADAS INSTRUMENTAIS TRANSFRONTEIRIZAS (2)
Onte día 14 tiveron lugar as Xornadas Instrumentais Eurocidade coas Clases Maxistrais de clarinete e de saxofón, impartidas por Asterio Leiva Piñeiro e Rafael Yebra Rivera, respectivamente, os dous profesores do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Con estas clases remata este ciclo de xornadas instrumentais, aínda que os actos de capacitación deste programa pecharán o vindeiro sábado día 21 cun Encontro de Bandas que terá lugar en Caminha.
O
noso agradecemento ao Concello de A Guarda por esta iniciativa.
martes, 10 de diciembre de 2024
XORMADAS INSTRUMENTAIS TRANSFRONTEIRIZAS (1)
domingo, 24 de noviembre de 2024
CONCERTO DE SANTA ICÍA
Onte sábado foi o noso concerto de Sana Cecilia na igrexa parroquial, actuando en primeiro lugar o Grupo de Iniciación da nosa banda e a continuación a Agrupación Musical de A Guarda. Entre as dúas actuacións fíxose unha paréntese pra facer entrega da insignia da Agruación aos novos e novas compoñentes que se incorporaron este ano. Son as seguintes:
Lucía (trombón), quen recibe a insignia da súa irmá Sara:

Hugo (trombón), entrégalle a insignia o seu irmán Pablo:
Roque (bombardino), entrega o seu compañeiro Lucas:

Diana (trompa) recibe a insignia de mans da súa filla Dafne:

Teresa (clarinete) a quen lle entrega a insignia o seu sobriño Samuel:

Aquí tedes unhas imaxes do concerto:
Esperamos que vos gustara. Moitas grazas a todos e todas por asistir e o noso agradecemento ao noso párroco e ao Concello de A Guarda pola súa colaboración.