O pasado sábado día
23 (por unha vez sen choiva) celebramos un ano máis a festividade de Santa
Cecilia co tradicional concerto na igrexa parroquial de Santa María da Guarda,
no que D. Jesús García Villadóniga como ven sendo habitual, foi o presentador do evento. Nesta ocasión a celebración tiña algo
especial para nós xa que durante o concerto fixémoslle unha pequena homenaxe a
D. Florindo Lomba González, primeiro presidente e membro fundador da banda que
decidiu deixar á directiva hai tan só uns meses, despois de once anos na presidencia.
Abriu o concerto a Banda Infantil que interpretou tres pezas de diferentes estilos
musicais dirixidos por José Antonio Soutelo. O público premiou ós rapaces cunha
forte ovación e estes tocaron unha peza mais. Ó remate da súa actuación algúns
dos compoñentes máis veteranos da banda entregaron a insignia da agrupación ós
músicos desta sección que a partir de agora formarán parte da banda grande, a
Agrupación Musical da Guarda.
Os novos
compoñentes son:
Andrea González Lorenzo ...... clarinete
![]() |
David Rodríguez ponlle a insignia a Andrea |
Gemma coa súa nova compañeira Elena
Miguel Barbosa González....... tuba
Óscar Arias con Miguel

A
insignia foille entregada pola actual presidenta María Elena Álvarez Silva. Seguidamente
entregamos un ramo de flores a María Teresa, a dona de Florindo.
Unha vez preparados os maiores, comezou a súa actuación a Agrupación Musical da
Guarda xa cos seus novos músicos. Dirixidos por Víctor Alonso Treinta
interpretaron cinco pezas variadas que foron moi aplaudidas polos público que
practicamente enchía a igrexa. Antes
de cerrar ó acto un membro da banda, Miguel Carrero entregou un agasallo a D.
Jesús.
Desde
estas liñas queremos agradecerlle que nos preste a igrexa para a celebración
deste evento, e por suposto a súa disposición a colaborar con nós sempre que o
necesitamos. Moitas grazas tamén a todos os que se achegaron para escoitarnos,
esperamos vernos de novo o vindeiro ano.