Un ano máis participando nas Festas da Virxe do Carme. Aquí vos deixamos unhas imaxes deste día tan fermoso e caloroso. Moitas grazas á Comisión de Festas por contar con nós.
Actuación incluída no programa Culturea da Deputación de Pontevedra.
Un ano máis participando nas Festas da Virxe do Carme. Aquí vos deixamos unhas imaxes deste día tan fermoso e caloroso. Moitas grazas á Comisión de Festas por contar con nós.
Onte, a Agrupación musical da Guarda tivemos o enorme pracer de recibir por parte do Concello da Guarda a LANGOSTA DE HONRA polos nosos recén cumpridos 20 anos de traxectoria.
Faltan só uns días para a nosa próxima actuación: o Concerto de Bandas Sonoras. Será o vindeiro sábado 5 de xullo ás 23:00 horas no Porto da Guarda, dentro da programación da Festa da Langosta.
Non faltedes!!
O pasado sábado participamos coa nosa música nos actos de celebración do centenario da Entidade Local Menor de Camposancos. Grazas por contar con nós para esta ocasión tan especial.
Actuación incluída no Programa Culturea