miércoles, 29 de agosto de 2012

VI FESTIVAL DE BANDAS VILA DA GUARDA


 Un ano máis celebramos o Festival de Bandas Vila da Guarda xa na súa VI edición, nunha tarde soleada que animou ao público a achegarse ata a Praza de San Bento. Cun pouco de retraso deu comezo o evento presentado unha vez máis por Elena Baz, coa entrada da Banda de Música da Vertula de Meis que a ritmo de pasarrúas presentouse ante o público recibindo unha forte ovación. Pouco despois chegaba á praza a Banda de Música de Lanhelas e de seguido a Agrupación Musical de A Guarda que cerrou este pasarrúas para dar paso á actuación da primeira banda.
Banda de Música da Vertula de Meis
Trala magnífica interpretación dos de Meis, dirixidos por Casiano Mouriño, chegou a quenda da banda lanhelense co mestre Estéfanio Cunha ao fronte da formación. Foron  acompañados  coas palmas polos presentes que dende un primeiro momento animaron ás agrupacións cos seus aplausos. Finalizou a rolda de actuacións a nosa banda con Víctor Alonso Treinta como director. Os temas interpretados foron moi ben acollidos polo público que pediu outra peza ó final do concerto.
Banda de Música de Lanhelas


De seguido membros da directiva da Agrupación Musical de A Guarda fixeron entrega duns agasallos ás bandas participantes o igual que o Concelleiro de Cultura Antonio Lomba, quen entregou uns detalles do Concello ós tres directores.

Antes de pechar este Festival procedeuse ó sorteo dun lote de produtos e á entrega dun ramo á presentadora a quen agradecemos a súa desinteresada                     colaboración.          
Elena Baz e Rosina
Entrega do lote sorteado
O noso agradecemento tamén ó público asistente que se mantivo na praza ata o final do evento, apoiando en todo momento a esta asociación e animando ós músicos participantes. Esperamos vernos de novo o vindeiro ano nunha nova edición.
Agrupación Musical de A guarda
 

sábado, 2 de junio de 2012

Festival de bandas de Coruxo

O pasado día 27 de maio a nosa banda participou no IV Festival de Bandas de Coruxo que tivo lugar no Torreiro de San Sebastián (Fragoselo) comezando ás 18:00 h., xunto coas bandas Unión Musical de Cabral, dirixida por D. Eduardo González López e a banda anfritiona Unión Musical de Coruxo dirixida por D. Francisco Abal Rosales. A Agrupación Musical de A Guarda actuou en 2º lugar baixo a batuta de D. Víctor L. Alonso Treinta.

Recollemos algúns momentos de distracción dos nosos músicos minutos antes da súa actuación












lunes, 21 de mayo de 2012

CONCERTO DE PRIMAVERA 2012


Unha boa cantidade de público congregouse o pasado sábado día 19 nas instalacións do Colexio dos PP Somascos para presenciar a actuación da nova Banda Infantil da Agrupación Musical de A Guarda. Os rapaces e rapazas que forman este grupo, un pouco nerviosos por ser aínda a súa segunda aparición en público, ofreceron ós presentes un variado repertorio para deleite dos alí reunidos. Esta banda formada o pasado verán e dirixida polo profesor J. Antonio Soutelo Muñoz demostrou os seus progresos, acadados en tan pouco tempo grazas ó esforzo e dedicación tanto dos  seus compoñentes como do bo facer do seu Director.

Felicitacións dos vosos compañeiros da Agrupación Musical de A Guarda e da Xunta Directiva. Ánimo e seguide así.

Banda Infaltil da Agrupación Musical de A Guarda





 
                Ó remate desta actuación tomou o relevo a Agrupación Musical da Guarda que baixo a batuta de Víctor Luís Alonso Treinta interpretaron varios temas do seu novo repertorio. Esta banda actuará o vindeiro domingo día 27 de maio no IV Festival de bandas de Coruxo en Vigo, devolvendo a visita que a Unión Musical de Coruxo nos fixo o pasado ano no “V Festival de Bandas Vila da Guarda”.

Agrupación Musical de A Guarda


                O noso agradecemento ós PP Somascos por prestarnos as súas instalacións e por estar sempre dispostos a colaborar coa banda. Moitas grazas.

domingo, 8 de abril de 2012

VENTA DE CDs



Á venda no local de ensaios da banda e nos seguintes establecementos colaboradores:

Copy Quisqueya
Xoiería Alonso
Foto Gándara
Xogetería Don Dino
Caadena Master F. Vicente
Xanelux
Expendeduría Roxo
Maderas Lomba
Librería Ler

CONTACTO

Telf. : 610 707 514
e- mail:  agrupacionmusicaldaguarda@hotmail.com
local de ensaios:  2º Trav. Os Bechos, s/n - 36780  A Guarda