Un ano máis celebramos o Festival de Bandas
Vila da Guarda xa na súa VI edición, nunha tarde soleada que animou ao público
a achegarse ata a Praza de San Bento. Cun pouco de retraso deu comezo o evento
presentado unha vez máis por Elena Baz, coa entrada da Banda de Música da
Vertula de Meis que a ritmo de pasarrúas presentouse ante o público recibindo
unha forte ovación. Pouco despois chegaba á praza a Banda de Música de Lanhelas
e de seguido a Agrupación Musical de A Guarda que cerrou este pasarrúas para
dar paso á actuación da primeira banda.
|
Banda de Música da Vertula de Meis |
Trala magnífica
interpretación dos de Meis, dirixidos por Casiano Mouriño, chegou a quenda da
banda lanhelense co mestre Estéfanio Cunha ao fronte da formación. Foron acompañados coas palmas polos presentes que dende un
primeiro momento animaron ás agrupacións cos seus aplausos. Finalizou a rolda
de actuacións a nosa banda con Víctor Alonso Treinta como director. Os temas
interpretados foron moi ben acollidos polo público que pediu outra peza ó final
do concerto.
|
Banda de Música de Lanhelas |
De seguido membros
da directiva da Agrupación Musical de A Guarda fixeron entrega duns agasallos
ás bandas participantes o igual que o Concelleiro de Cultura Antonio Lomba,
quen entregou uns detalles do Concello ós tres directores.
Antes de pechar
este Festival procedeuse ó sorteo dun lote de produtos e á entrega dun ramo á
presentadora a quen agradecemos a súa desinteresada colaboración.
|
Elena Baz e Rosina |
|
Entrega do lote sorteado |
O noso
agradecemento tamén ó público asistente que se mantivo na praza ata o final do
evento, apoiando en todo momento a esta asociación e animando ós músicos
participantes. Esperamos vernos de novo o vindeiro ano nunha nova edición.
|
Agrupación Musical de A guarda |
No hay comentarios:
Publicar un comentario