Unha boa cantidade de público congregouse o
pasado sábado día 19 nas instalacións do Colexio dos PP Somascos para
presenciar a actuación da nova Banda Infantil da Agrupación Musical de A
Guarda. Os rapaces e rapazas que forman este grupo, un pouco nerviosos por ser
aínda a súa segunda aparición en público, ofreceron ós presentes un variado
repertorio para deleite dos alí reunidos. Esta banda formada o pasado verán e
dirixida polo profesor J. Antonio Soutelo Muñoz demostrou os seus progresos,
acadados en tan pouco tempo grazas ó esforzo e dedicación tanto dos seus compoñentes como do bo facer do seu
Director.
Felicitacións dos vosos compañeiros da
Agrupación Musical de A Guarda e da Xunta Directiva. Ánimo e seguide así.
Banda Infaltil da Agrupación Musical de A Guarda |
Ó remate desta actuación tomou o
relevo a Agrupación Musical da Guarda que baixo a batuta de Víctor Luís Alonso
Treinta interpretaron varios temas do seu novo repertorio. Esta banda actuará o
vindeiro domingo día 27 de maio no IV Festival de bandas de Coruxo en Vigo,
devolvendo a visita que a Unión Musical de Coruxo nos fixo o pasado ano no “V
Festival de Bandas Vila da Guarda”.
Agrupación Musical de A Guarda |
O noso agradecemento ós PP
Somascos por prestarnos as súas instalacións e por estar sempre dispostos a
colaborar coa banda. Moitas grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario