lunes, 7 de julio de 2025

FESTA DA LANGOSTA - CONCERTO DE BANDAS SONORAS

 

Algunhas fotos do concerto de bandas sonoras deste sábado, celebrando o noso XX aniversario  por todo o alto.
Malia o frío foi un éxito, moitas grazas a todo o público que nos acompañou con tanto agarimo
Estade atentos, que a celebración continúa!
 
 
 

O noso agradecemento ao Concello da Guarda por contar con nós na Festa da Langosta.

sábado, 5 de julio de 2025

FESTA DA LANGOSTA

Onte, a Agrupación musical da Guarda tivemos o enorme pracer de recibir por parte do Concello da Guarda a LANGOSTA DE HONRA polos nosos recén cumpridos 20 anos de traxectoria.

Non podemos estar máis felices!
Queremos agradecer ao Concello pola distinción e ao público por seguirnos durante todo este camiño.
Do mesmo xeito, agradecer tamén a todos os músicos que pasaron pola banda e ás anteriores directivas.
 
 
 
 

 



sábado, 28 de junio de 2025

CONCERTO DE BANDAS SONORAS

Faltan só uns días para a nosa próxima actuación: o Concerto de Bandas Sonoras. Será o vindeiro sábado 5 de xullo  ás 23:00 horas no Porto da Guarda, dentro da programación da Festa da Langosta. 

Non faltedes!!

 

miércoles, 25 de junio de 2025

XX ANIVERSARIO DA BANDA

 

HOXE ESTAMOS DE ANIVERSARIO!
Exactamente un día coma hoxe, 20 anos atrás, comezamos a encher de música, emocións e momentos inesquecibles á nosa vila.
Para lembrar de onde vimos, aquí vos deixamos un vídeo da nosa primeira presentación en público no ano 2005, cheos de nervios e ilusión por ter comezado un novo camiño: https://youtu.be/pOwpzMrFArU?si=HtaVZ9okfA6aJUF0
Queremos agradecer a todas as persoas que formastes parte desta gran familia ao longo destes anos: músicos antigos que fostes pioneiros, músicos novos, director, familias, colaboradoras e colaboradores… tamén a unha parte esencial, o noso público, que sempre estivo aí dende os inicios.
E por suposto… ¡imos celebralo!
Moi pronto anunciaremos un concerto moi especial enmarcado na conmemoración destas dúas décadas de historia.
Estade moi atentos/as!    
 
 
Puede ser una imagen de ‎3 personas, oboe, clarinete, trompeta, violín, saxofón, flauta y ‎texto que dice "‎X bandas certame provincial demusica deputación pontevedra 2009 منه M1 ማያ NDACION CAIXAGALICIA Deputación Deputación Pontevedra ¿FUNDACION ÖFUNDACiONCAIZAGAUICIA CAIXAGALICIA utecion lRciLn‎"‎‎

lunes, 26 de mayo de 2025

CENTENARIO E.L.M. CAMPOSANCOS

 O pasado sábado participamos coa nosa música nos actos de celebración do centenario da Entidade Local Menor de Camposancos. Grazas por contar con nós para esta ocasión tan especial.

 





                                                   Actuación incluída no Programa Culturea 



 

miércoles, 16 de abril de 2025

CONCERTO DE MARCHAS PROCESIONAIS

 

Compartimos algúns momentos da presentación das novas marchas procesionais, celebrada na igrexa parroquial da nosa vila.
Agradecemos a cálida acollida do público, estamos moi satisfeitos co resultado.👏👏         







 
 
Coa colaboración de: 
 

 

jueves, 27 de marzo de 2025

CONCERTO DE MARCHAS PROCESIONAIS

 Comeza a tempada musical, este ano cun concerto na igrexa parroquial. Non faltedes!