lunes, 28 de septiembre de 2026

II CRISTO DE BANDAS NO PORRIÑO

Que ben o pasamos o pasado sábado en Porriño no II Cristo de Bandas no que compartimos escenario e pasarrúas coa Agrupación Musical do Porriño a quen agradecemos que nos convidara a participar. Bo ambiente, boa música e bo público. Moitas grazas por tratarnos tan ben. Deixámosvos unhas imaxes do concerto. 






 




Este concerto está incluído dentro do programa Culturea da Deputación de Pontevedra.


 

lunes, 7 de septiembre de 2026

FESTAS DA VIRXE DA GUÍA

 Un pracer estar onte nas Festas da Virxe da Guía percorrendo as rúas e acompañando a procesión. Moitas grazas á comisión de festas por contar con nós outro ano máis.

Grazas  ao Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra  pola súa colaboración.

 



Esta actuación está incluída no programa Culturea da Deputación de Pontevedra.