Xa estamos de novo con vós, preparados para o inicio da tempada 2018. Estamos preparando novas actividades para este verán, pero para comezar aqui tedes o noso primeiro concerto do ano. Esperamos contar coa vosa presenza!
miércoles, 4 de abril de 2018
sábado, 23 de diciembre de 2017
lunes, 27 de noviembre de 2017
CONCERTO SANTA ICÍA 2017
Como todos os anos ao chegar estas datas a nosa asociación organiza o Concerto de Santa Icía na igrexa parroquial de Santa María. Nesta ocasión o acto tivo lugar o sábado 25 ás 20:30 h e contamos coa compañía do Grupo de Acordeóns Mascarenhas, que foron os primeiros en actuar dirixidos por D. José Luis Lorenzo Rodríguez. Interpretaron un variado repertorio de coñecidos temas moi aplaudidos polo público, que ateigaba a igrexa. Ao remate da actuación o presidente da Agrupación Musical de A Guarda David Álvarez, fixo entrega dun agasallo ao director de Mascarenhas como agradecemento pola súa colaboración. As nosas felicitacións a esta estupenda formación musical pola súa gran actuación.
| O grupo Mascarenhas durante a súa actuación |
| David Álvarez fai entrega dun agasallo a D. José Luis Lorenzo |
De seguido, e despois de preparar o escenario para a actuación da banda, procedemos a facer entrega da insignia da Agrupación Musical aos músicos que comezaron na banda durante este ano. Como xa sabedes, este acto simboliza a entrada oficial dos novos compoñentes na nosa Agrupación. O presentador do concerto, D. Jesús García Villadóniga, foi chamando a estes rapaces e rapazas para que recibiran de mans dos seus compañeiros máis veteranos a insignia. A continuación deixámosvos unhas imaxes deste momento tan especial:
Mario Vicente Baz (percusión)

Julián Lomba ponlle a insignia ao seu novo compañeiro Mario Vicente
Mauro Gómez Baldonedo (trompa)
Mauro, o novo trompa da banda recibe a insignia de mans de Pablo Pou.
A imaxe da esquerda é de Lalo Rodríguez.
Carla Portela Pérez (saxo alto)
Dúas fotografías de Lalo Rodríguez que recollen o momento en que Elena Álvarez entrega a insignia a Carla.
Gabriela Pereira Martínez (clarinete)
Mimí Verde González (clarinete)
Nerea Portela posa coa súa nova compañeira Mimí
Sara Flores Martín (clarinete)
Nestas imaxes Sara Flores con David Rodríguez
Vania Fernández González (clarinete)
Melissa David ponlle a insignia a Vania
Marcos González Rodríguez (trombón)
Marcos González, o novo trombonista con Pierre Meléndez
Unha vez acomodados nas súas cadeiras, deu comezo a actuación da Agrupación Musical de A Guarda, dirixidos como sempre por Víctor Alonso Treinta. Fixeron unha magnífica actuación na que estrearon catro temas. Á petición do público remataron cunha peza máis recibindo unha gran ovación. Magnífico traballo Víctor, e as nosas felicitacións aos nosos músicos.
![]() |
| A banda saludando ao público nunha imaxe de lalo Rodríguez |
O noso agradecemento a todos os compoñentes da Agrupación Musical de A Guarda polo esforzo que tiveron que facer para poder asistir aos ensaios e por seguir dedicando o seu tempo libre a esta fermosa afección que é a música. Moitas grazas rapaces.
Queremos agradecer a colaboración de D. Jesús, que como sempre estivo disposto a botarnos unha man, ao Grupo Mascarenhas por acompañarnos, a Lalo Rodríguez que sempre está atento coa súa cámara, e por suposto ao numeroso público asistente polos seus aplausos e o cariño con que sempre nos reciben. Ata a próxima.
Etiquetas:
Actuacións,
Concertos
sábado, 11 de noviembre de 2017
martes, 29 de agosto de 2017
FESTIVAIS
Fin de semana moi activo coa participación da nosa banda no Festival de Músicos Xoves do Rosal o sábado pola tarde e no Festival de Bandas de Chantada o domingo. Grazas aos nosos anfitrións por invitarnos e recibirnos tan ben. Saúdos.
No Rosal:
No Auditorio de Chantada:
Podedes ver máis fotos neste enlace: Agrupación musical de A Guarda en Chantada
Grazas Lalo polas túas estupendas fotografías.
Etiquetas:
Actuacións,
Festivais
martes, 22 de agosto de 2017
XI FESTIVAL DE BANDAS
O sábado 19 de agosto celebramos a XI edición do noso festival de bandas na
Praza de San Bieito. Ás 20:00 h fixo entrada na praza a Banda de Música de
Chantada que fixo un pasacalle polo paseo do Porto; seguidamente entrou A Lira
de Ribadavia tralo seu desfile pola rúa Concepción Arenal. Uns minutos más
tarde chegaría ao auditorio a Agrupación Musical de A Guarda que percorreu
varias rúas polo centro da vila.
![]() | |
| A Banda de Chantada durante a súa actuación |
Moito público e moi entregado, desfrutando da boa música que nos ofreceron
as tres formacións musicais. O noso presidente David Álvarez fíxose cargo da
presentación do festival, que comezou coa actuación da formación de Chantada
dirixida por José Manuel Mosquera González. A banda A Lira de Ribadavia sería a
seguinte baixo a dirección de Xavier
Oliveira. Felicitamos ás dúas bandas pola súa gran actuación. A Agrupación
Musical de A Guarda pechou o concerto
con Víctor Alonso Treinta a cargo da dirección. Parabéns a todos!.
![]() |
| Banda de Música A Lira de Rivadavia |
![]() |
| Agrupación Musical de A Guarda |
Ao remate da actuación, membros da directiva a Agrupación fixeron entrega
duns agasallos ás bandas convidadas como recordo do seu paso por este festival,
e a continuación o Alcalde de A Guarda D. Antonio Lomba Baz entregou tamén uns
detalles do Concello aos directores das tres bandas participantes. Seguidamente
procedeuse ao sorteo dunha cesta de produtos entre o público asistente. Como
broche final, as tres bandas interpretaron conxuntamente una coñecida e animada
peza.
Moitas grazas a todos e todas por asistir e animarnos cos vosos aplausos.
Sodes o mellor do Festival!
Agradecemos a colaboración dos establecementos
comerciais e empresas que nos axudaron e moi especialmente a aqueles
particulares que nos botaron unha man, sen eles non sería posible levar adiante
este festival. Grazas tamén ao Concello de A Guarda e a Concellería de Cultura.
Ata o ano que ven.
Podes ver as imaxes de Lalo Rodríguez no seguinte enlace: https: Festival de Bandas Vila de A Guarda
Etiquetas:
Actuacións,
Concertos,
Festivais
viernes, 11 de agosto de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















