O sábado 19 de agosto celebramos a XI edición do noso festival de bandas na
Praza de San Bieito. Ás 20:00 h fixo entrada na praza a Banda de Música de
Chantada que fixo un pasacalle polo paseo do Porto; seguidamente entrou A Lira
de Ribadavia tralo seu desfile pola rúa Concepción Arenal. Uns minutos más
tarde chegaría ao auditorio a Agrupación Musical de A Guarda que percorreu
varias rúas polo centro da vila.
A Banda de Chantada durante a súa actuación |
Moito público e moi entregado, desfrutando da boa música que nos ofreceron
as tres formacións musicais. O noso presidente David Álvarez fíxose cargo da
presentación do festival, que comezou coa actuación da formación de Chantada
dirixida por José Manuel Mosquera González. A banda A Lira de Ribadavia sería a
seguinte baixo a dirección de Xavier
Oliveira. Felicitamos ás dúas bandas pola súa gran actuación. A Agrupación
Musical de A Guarda pechou o concerto
con Víctor Alonso Treinta a cargo da dirección. Parabéns a todos!.
Banda de Música A Lira de Rivadavia |
Agrupación Musical de A Guarda |
Ao remate da actuación, membros da directiva a Agrupación fixeron entrega
duns agasallos ás bandas convidadas como recordo do seu paso por este festival,
e a continuación o Alcalde de A Guarda D. Antonio Lomba Baz entregou tamén uns
detalles do Concello aos directores das tres bandas participantes. Seguidamente
procedeuse ao sorteo dunha cesta de produtos entre o público asistente. Como
broche final, as tres bandas interpretaron conxuntamente una coñecida e animada
peza.
Moitas grazas a todos e todas por asistir e animarnos cos vosos aplausos.
Sodes o mellor do Festival!
Agradecemos a colaboración dos establecementos
comerciais e empresas que nos axudaron e moi especialmente a aqueles
particulares que nos botaron unha man, sen eles non sería posible levar adiante
este festival. Grazas tamén ao Concello de A Guarda e a Concellería de Cultura.
Ata o ano que ven.
Podes ver as imaxes de Lalo Rodríguez no seguinte enlace: https: Festival de Bandas Vila de A Guarda
No hay comentarios:
Publicar un comentario