lunes, 27 de noviembre de 2017

CONCERTO SANTA ICÍA 2017

Como todos os anos ao chegar estas datas a nosa asociación organiza o Concerto de Santa Icía na igrexa parroquial de Santa María. Nesta ocasión o acto tivo lugar o sábado 25 ás 20:30 h e contamos coa compañía do Grupo de Acordeóns Mascarenhas, que foron os primeiros en actuar dirixidos por D. José Luis Lorenzo Rodríguez. Interpretaron un variado repertorio de coñecidos temas moi aplaudidos polo público, que ateigaba a igrexa. Ao remate da actuación o presidente da Agrupación Musical de A Guarda David Álvarez, fixo entrega dun agasallo ao director de Mascarenhas como agradecemento pola súa colaboración. As nosas felicitacións a esta estupenda formación musical pola súa gran actuación.

O grupo Mascarenhas durante a súa actuación
David Álvarez fai entrega dun agasallo a D. José Luis Lorenzo

De seguido, e despois de preparar o escenario para a actuación da banda, procedemos a facer entrega  da insignia da Agrupación Musical aos músicos que comezaron na banda durante este ano. Como xa sabedes, este acto simboliza a entrada oficial dos novos compoñentes na nosa Agrupación. O presentador do concerto, D. Jesús García Villadóniga, foi chamando a estes rapaces e rapazas para que recibiran de mans dos seus compañeiros máis veteranos a insignia. A continuación deixámosvos unhas imaxes deste momento tan especial:


Mario Vicente Baz (percusión)


Julián Lomba ponlle a insignia ao seu novo compañeiro Mario Vicente


Mauro Gómez Baldonedo (trompa)





















Mauro, o novo trompa da banda recibe a insignia de mans de Pablo Pou. 
A imaxe da esquerda é de Lalo Rodríguez.


Carla Portela Pérez (saxo alto)
    
                                               

Dúas fotografías de Lalo Rodríguez que recollen o momento en que Elena Álvarez entrega a insignia a Carla.          




Gabriela Pereira Martínez (clarinete)
                                                  
   
María Sobrino foi a encargada de poñerlle a insignia a Gabriela


Mimí Verde González (clarinete)

 



















Nerea Portela posa coa súa nova compañeira Mimí 


Sara Flores Martín (clarinete) 

 

   














     Nestas imaxes Sara Flores con David Rodríguez              


 Vania Fernández González (clarinete)


















 Melissa David ponlle a insignia a Vania


Marcos González Rodríguez (trombón) 

 
 Marcos González, o novo trombonista con Pierre Meléndez


Unha vez acomodados nas súas cadeiras, deu comezo a actuación da Agrupación Musical de A Guarda, dirixidos como sempre por Víctor Alonso Treinta. Fixeron unha magnífica actuación na que  estrearon catro temas. Á petición do público remataron cunha peza máis recibindo unha gran ovación. Magnífico traballo Víctor, e as nosas felicitacións aos nosos músicos. 



A banda saludando ao público nunha imaxe de lalo Rodríguez

O noso agradecemento a todos os compoñentes da Agrupación Musical de A Guarda polo esforzo que tiveron que facer para poder asistir aos ensaios e por seguir dedicando o seu tempo libre a esta fermosa afección que é a música. Moitas grazas rapaces.

Queremos agradecer a colaboración de D. Jesús, que como sempre estivo disposto a botarnos unha man, ao Grupo Mascarenhas por acompañarnos, a Lalo Rodríguez que sempre está atento coa súa cámara, e por suposto ao numeroso público asistente polos seus aplausos e o cariño con que sempre nos reciben. Ata a próxima.

No hay comentarios:

Publicar un comentario