miércoles, 22 de mayo de 2013

CONCERTO SOLIDARIO

Tarde fría a do pasado sábado para celebrar o concerto solidario na Praza de San Benito. Aínda que non choveu,  o auditorio non se encheu pero o público alí congregado achegou o seu gran de area doando unha boa cantidade de alimentos que, o finalizar o concerto, foron entregados á asociación San Vicente de Paúl para ser distribuidos entre as familias menos favorecidas da nosa vila. O acto estivo presentado polo noso párroco Don Jesús, sempre disposto a colaborar cando se precisa da súa axuda. Desde estas liñas queremos agradecer a todo o mundo a súa colaboración con esta causa.

A continuación, unhas fotos de Lalo Rodríguez:
































Para ver o resto preme aquí

sábado, 11 de mayo de 2013

CONCERTO PARA RECOLLIDA DE ALIMENTOS


Colabora doando alimentos para unha boa causa. Estaremos na Praza de San Benito o día 18 de maio.
No faltes, a túa axuda é importante. Grazas pola túa colaboración.

jueves, 28 de febrero de 2013

Vídeos do Concerto de Santa Cecilia 2012

Xa están dispoñibles (inda que con retraso) os vídeos do concerto de Santa Cecilia 2012.

Tedes o concerto íntegro neste enlace.

E aquí quedan dous dos vídeos:

La Boda de Luís Alonso


Cavaleiros de Santiago


lunes, 3 de diciembre de 2012

CONCERTO DE SANTA CECILIA 2012

Excelente actuación a que ofreceron as dúas bandas da Agrupación Musical de A Guarda no concerto do pasado sábado día 1 para celebrar a festividade de Santa Cecilia, padroa dos músicos, como tódolos anos na igrexa Parroquial de Santa María de A Guarda. O público achegouse ata o templo que estaba practicamente cheo para escoitar en primeiro lugar á Banda Infantil. Con moita ilusión os pequenos abriron o seu programa cun pasodobre e, arroupados polos fortes aplausos dos presentes continuaron con catro pezas de diferentes estilos, amosando os grandes progresos que están a realizar grazas o gran traballo do seu director José Antonio Soutelo, e por suposto ó esforzo destes cativos que ensaian semana tras semana para facer soar os seus instrumentos o mellor posible, esforzo que se viu recompensando cando o público pediulles “outra”, petición que foi concedida polos músicos cunha nova peza fóra de programa.
          
Ó remate da actuación, D. Jesús que como é habitual presentou o acto, comezou a chamar ós músicos que dende agora pasan a integrarse na banda dos maiores para impoñerlles o “pin” da Agrupación, acto simbólico co que se fai oficial  o seu ingreso nesta formación musical. Nesta ocasión foron seis os rapaces e rapazas que “pasaron”:

               -NATALIA FERNÁNDEZ LOMBA…………….…......…..…...FRAUTA.
               -DAFNE PIÑEIRO GONZÁLEZ………………….……..…TROMPETA.
               -BRAIS VERDE VERDE………………… ……………….PERCUSIÓN.
              -SAMUEL  LOUREIRO LOMBA……………. .……..…….CLARINETE.
              -DANIEL PORTELA PÉREZ………………….….…………TROMPETA.
              -THOMAS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ………..……………SAXOFÓN.
     
Seguidamente  os novos músicos acomodáronse nas súas cadeiras cos seus compañeiros da banda “grande” para tocar por primeira vez con eles de maneira oficial.

A Agrupación Musical de A Guarda comezou a súa actuación estupendamente dirixidos por Víctor Alonso Treinta,  coa obra “Alborada Galega”  con Sara Márquez como gaiteira solista. A continuación interpretaron catro pezas logrando gañarse ó público que os premiou cunha gran ovación e voces de “outra”, a banda correspondeu  cun outra obra galega. Pero antes de rematar, o director Víctor  fixo un inciso para que en nome da Xunta Directiva, un compoñente da banda fixera entrega do “pin” a D. Jesús en agradecemento pola súa desinteresada e continuada colaboración dese os inicios desta Agrupación. Grazas D. Jesús por permitirnos a celebración deste evento a pesar de ter que “desmontar “ media igrexa  para poder acomodar á banda. Sen a súa colaboración  a celebración deste concerto non sería posible.

Galería de imaxes - Autor Lalo Rodríguez.

domingo, 18 de noviembre de 2012

CONCERTO DE SANTA CECILIA


CONCERTO DE FIN DE VERÁN

Gran actuación a da Banda Infantil onte pola tarde no colexio dos PP Somascos. Os rapaces e rapazas desta sección da Agrupación Musical de A Guarda demostraron ante o público congregado para a ocasión que aproveitaron o tempo durante o verán nos ensaios aos que asistiron regularmente co seu director J. Antonio Soutelo e todos os presentes puidemos comprobar os progresos desta nova e xovencísima formación musical na que os seus compoñentes non pasan dos 14 anos. Ofreceron un amplo repertorio no que incluíron incluso un pasodobre, conseguindo unha gran ovación  e a petición doutra peza ó remate do concerto.



 A banda formada por 25 nenos e nenas, comezará deseguido a prepararse para o tradicional Concerto de Santa Cecilia no que volverán a actuar xunto cos seus compañeiros da Agrupación Musical de A Guarda. Felicidades e ánimo, seguide así.

  
 


















Aproveitamos para lembrarlles que esta agrupación está aberta a todos aqueles rapaces  e rapazas ós que lles guste a música e estean aprendendo a tocar un instrumento de vento-madeira, vento-metal ou percusión. Ademais de facer novos amigos aprenderán a tocar en conxunto e poderán practicar o aprendido no Conservatorio. Durante o inverno os ensaios serán os sábados pola mañá no local da banda. Os interesados poden poñerse en contacto coa directiva ou co director (os números e enderezo de contacto están nesta mesma páxina). Ah! e teñen dous meses para probar, de balde e sen compromiso.