Gran actuación a da
Banda Infantil onte pola tarde no colexio dos PP Somascos. Os rapaces e rapazas
desta sección da Agrupación Musical de A Guarda demostraron ante o público
congregado para a ocasión que aproveitaron o tempo durante o verán nos ensaios aos
que asistiron regularmente co seu director J. Antonio Soutelo e todos os
presentes puidemos comprobar os progresos desta nova e xovencísima formación
musical na que os seus compoñentes non pasan dos 14 anos. Ofreceron un amplo
repertorio no que incluíron incluso un pasodobre, conseguindo unha gran
ovación e a petición doutra peza ó
remate do concerto.
A banda formada por
25 nenos e nenas, comezará deseguido a prepararse para o tradicional Concerto
de Santa Cecilia no que volverán a actuar xunto cos seus compañeiros da
Agrupación Musical de A Guarda. Felicidades e ánimo, seguide así.
Aproveitamos para
lembrarlles que esta agrupación está aberta a todos aqueles rapaces e rapazas ós que lles guste a música e estean
aprendendo a tocar un instrumento de vento-madeira, vento-metal ou percusión.
Ademais de facer novos amigos aprenderán a tocar en conxunto e poderán
practicar o aprendido no Conservatorio. Durante o inverno os ensaios serán os
sábados pola mañá no local da banda. Os interesados poden poñerse en contacto
coa directiva ou co director (os números e enderezo de contacto están nesta
mesma páxina). Ah! e teñen dous meses para probar, de balde e sen compromiso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario