Excelente actuación a que ofreceron as dúas bandas da Agrupación Musical de A Guarda no concerto do pasado sábado día 1 para celebrar a festividade de Santa Cecilia, padroa dos músicos, como tódolos anos na igrexa Parroquial de Santa María de A Guarda. O público achegouse ata o templo que estaba practicamente cheo para escoitar en primeiro lugar á Banda Infantil. Con moita ilusión os pequenos abriron o seu programa cun pasodobre e, arroupados polos fortes aplausos dos presentes continuaron con catro pezas de diferentes estilos, amosando os grandes progresos que están a realizar grazas o gran traballo do seu director José Antonio Soutelo, e por suposto ó esforzo destes cativos que ensaian semana tras semana para facer soar os seus instrumentos o mellor posible, esforzo que se viu recompensando cando o público pediulles “outra”, petición que foi concedida polos músicos cunha nova peza fóra de programa.
Ó remate da actuación, D. Jesús que como é habitual presentou o acto, comezou a chamar ós músicos que dende agora pasan a integrarse na banda dos maiores para impoñerlles o “pin” da Agrupación, acto simbólico co que se fai oficial o seu ingreso nesta formación musical. Nesta ocasión foron seis os rapaces e rapazas que “pasaron”:
-NATALIA FERNÁNDEZ LOMBA…………….…......…..…...FRAUTA.
-DAFNE PIÑEIRO GONZÁLEZ………………….……..…TROMPETA.
-BRAIS VERDE VERDE………………… ……………….PERCUSIÓN.
-SAMUEL LOUREIRO LOMBA……………. .……..…….CLARINETE.
-DANIEL PORTELA PÉREZ………………….….…………TROMPETA.
-THOMAS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ………..……………SAXOFÓN.
Seguidamente os novos músicos acomodáronse nas súas cadeiras cos seus compañeiros da banda “grande” para tocar por primeira vez con eles de maneira oficial.
Galería de imaxes - Autor Lalo Rodríguez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario