Onte estivemos todo o día nas festas da Virxe do Carme. Pola mañá no pasarrúas e a procesión e á tardiña na carpa, onde ofrecemos un concerto de bailables como peche das festas, despois da estupenda actuación do grupo Vento Mareiro a quen enviamos unha aperta.
Estamos encantados da resposta do público e do ben que nos tratou a comisión de festas. Moitas grazas por contar con nós un ano máis.
Aquí vos deixamos unhas imaxes.











No hay comentarios:
Publicar un comentario