lunes, 24 de agosto de 2026

CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

 Bonito concerto o do pasado sábado en San Benito. Foi unha tarde moi especial na que tivemos o pracer de compartir escenario cos grupos Vento Mareiro e Do lusco ó fusco para desfrutar da música galega: muiñeiras, foliadas, pasodobres galegos, baile, canto, pandeiretas, gaitas e banda. Pero sobre todo a alegría de contar cun público tan marabilloso. Moitas grazas a todos e todas por acompañarnos. Esperamos que vos gustara.

Un saúdo ás compañeiras e compañeiros de Vento Mareiro e Do Lusco. O noso agradecemento a Elena pola súa presentación, e a Almudena pola súa colaboración. Grazas tamén ao Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra.












                                    Colabora 



          Esta actuación está incluída dentro do programa Culturea da Deputación de Pontevedra


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario