lunes, 23 de julio de 2018

2ª MOSTRA MUSICAL


O pasado sábado ofrecemos a segunda mostra musical na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos.  Acompañados por un bo número de veciños e veciñas desa localidade, tratamos de amosar aos presentes as diferenzas entre os instrumentos máis habituais nunha banda, os diferentes estilos musicais, e as posibilidades que ofrece tocar en grupo.
Foi un pracer compartir esta xornada cos veciños e veciñas de Camposancos.  Moitísimas grazas a todos por asistir e o noso agradecemento á Comunidade de Montes de Camposancos pola súa colaboración.

Deixámosvos unhas imaxes:




sábado, 14 de julio de 2018

domingo, 1 de julio de 2018

MOSTRA A GÁNDARA


O pasado venres tivo lugar a primeira das mostras musicais que temos organizadas para este verán. Foi nas instalacións da A. V. O Percamiño. Pasamos un rato moi agradable na compañía dos veciños e veciñas da Gándara cos que tivemos ocasión de compartir un pouco de música e de amosarlles os diferentes instrumentos que compoñen unha banda de música. Esperamos que o pasarades tan ben como nós. Moitas grazas pola vosa asistencia e polo ben que nos tratastes.
 
O noso agradecemento á Asociación de Veciños “O Percamiño” por deixarnos as súas instalacións para a celebración deste acto.
 
    

   

viernes, 22 de junio de 2018

MOSTRAS MUSICAIS



III Aula de verán





Apúntate a esta  actividade de verán na que poderás iniciarte na música e na práctica dun instrumento de vento ou percusión. Se non tes instrumento, prestámosche un. Só tes que chamar o teléfono indicado ou enviarnos un e-mail ao enderezo que aparece no cartel. 
Anímate. Totalmente gratuita!!

domingo, 27 de mayo de 2018

X PRIMAVERA MUSICAL EN CANDEÁN

Onte pasamos unha tarde moi agradable participando na X Primavera Musical de Candeán, convidados pola Banda de Música da U.V.C.D. de Candeán. Os nosos parabéns ás bandas de Salvaterra e de Candeán pola súa gran actuación, e tamén felicitar aos nosos anfitrións pola estupenda organización do festival e darlles as grazas por convidarnos a este evento. En breve teremos un novo encontro con esta estupenda formación da U.V.C.D. de Candeán. 

Sobre estas liñas, dúas imaxes da actuación da Agrupación Musical 
de A Guarda  na X Primavera Musical de Candeán.

 A Banda de Música de Salvaterra finalizando a súa actuación

 Momento da actuación da Banda da U.V.C.D. de Candeán



miércoles, 2 de mayo de 2018

PRIMAVERA MUSICAL EN CANDEÁN

O vindeiro día 26 estaremos en Candeán (Vigo) en compañía dos compañeiros das bandas de Salvaterra e Candeán. Achegádevos para desfrutar da X primavera musical!