O pasado venres tivo lugar a primeira das mostras musicais que temos organizadas para este verán. Foi nas instalacións da A. V. O Percamiño. Pasamos un rato moi agradable na compañía dos veciños e veciñas da Gándara cos que tivemos ocasión de compartir un pouco de música e de amosarlles os diferentes instrumentos que compoñen unha banda de música. Esperamos que o pasarades tan ben como nós. Moitas grazas pola vosa asistencia e polo ben que nos tratastes.
O noso
agradecemento á Asociación de Veciños “O Percamiño” por deixarnos as súas
instalacións para a celebración deste acto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario