jueves, 12 de noviembre de 2015
domingo, 23 de agosto de 2015
IX FESTIVAL DE BANDAS
Onte sábado 22 celebrouse a IX
edición do Festival de Bandas de Música “Vila da Guarda”, que por primeira vez
trasladouse ó patio cuberto do colexio dos PP Somascos xa que á hora de comezar
os preparativos para o concerto presentábase unha tarde desapracible, o que nos
levou a tomar esa decisión ante o risco de choiva. Non se fixo o habitual pasacalle
de entrada das bandas e por motivos alleos a nós tivemos que retrasar o comezo
do festival ata ás 20:30 horas. Sentimos
as molestias ocasionadas por este cambio de escenario e de horario.
O concerto estivo presentado por
David Álvarez que deu paso á banda Nova Lira de Moraña. De seguido actuou a
segunda banda invitada: a Municipal de Ribadeo cerrando o concerto a Agrupación
Musical de A Guarda. Moi boa resposta por parte do público que abarrotou o
patio e premiou con fortes aplausos as actuacións destas magníficas agrupacións.
Ao final do concerto as bandas
invitadas recibiron uns agasallos da Agrupación Musical de A Guarda e do
Concello da Guarda, e para cerrar este festival procedeuse como sempre, ó sorteo
dun lote de produtos.
Moitísimas grazas ós PP Somascos
por prestarnos as súas instalacións para a celebración deste evento. Grazas
tamén a todos os establecementos colaboradores polo seu apoio e por suposto o
Concello da Guarda.
Esperamos que este festival fora
do voso agrado e que desfrutarades da música. Moitas grazas a todos por acudir
á cita. Esperámosvos o vindeiro ano nunha nova edición.
| Banda de Música Nova Lira de Moraña durante a súa actuación |
![]() |
| Banda de Música Municipal de Ribadeo |
![]() |
| Agrupación Musical de A Guarda |
Etiquetas:
Concertos,
Festivales
jueves, 13 de agosto de 2015
viernes, 31 de julio de 2015
CONCERTO X ANIVERSARIO
Onte xoves pola noite ofrecemos o último dos
concertos que tiñamos organizados para conmemorar o noso X aniversario. Foi un
concerto diferente os habituais no que se combinaron a música e a imaxe. Afortunadamente
o tempo non foi tan malo como se prevía e permitiunos seguir o plan previsto
ata o final, ante unha praza ateigada de xente que desfrutou do
espectáculo.
O acto estivo presentado polo actor e
director guardés Nani Matos que nada máis terminar o concerto, foi chamando ós
músicos fundadores que aínda continúan na banda para entregarlles de mans do
director Víctor Alonso, un simbólico diploma en agradecemento e recoñecemento
polo seu traballo e dedicación ó longo destes dez anos. A continuación unha
compoñente da directiva fixo entrega dun agasallo a Víctor. Nani Matos fixo un
paréntese para dedicar unhas palabras ó director destacando a amizade que os
une desde hai trinta anos e de seguido, a presidenta da agrupación entregoulle
un detalle para agradecerlle a súa colaboración. Como broche final
proxectáronse unha serie de fotos que resumían a historia da banda nestes dez
anos de andadura, desde a súa presentación oficial o 25 de xuño de 2005 ata
hoxe; un percorrido no tempo no que se mostraron actuacións, viaxes, certames e
como non, momentos de ocio nos que os nosos músicos desfrutan da súa amistade e
compañeirismo fóra do ámbito musical.
O noso agradecemento o Concello da Guarda e a Concellaría de Cultura pola súa colaboración. Tamén moitas grazas a Nani Matos, Agrupación Musical do Rosal, Brais Martínez e cantas persoas nos axudaron na realización deste evento, e as casas comerciais que nos apoiaron desde o principio.
Rematado este ciclo de concertos que esperamos
foran do voso agrado, estamos preparando xa o IX Festival de Bandas de Música
que será o vindeiro 22 de agosto na Praza de San Bieito ou nos PP Somascos se
chove.
Moitas grazas a todos por compartir con nós estes
momentos musicais.
Esperámosvos o día 22. Non faltedes !!
Etiquetas:
Concertos,
Noticias e avisos
viernes, 24 de julio de 2015
domingo, 12 de julio de 2015
2º CONCERTO X ANIVERSARIO
O venres día 10 desfrutamos dunha agradable noite de jazz no acolledor escenario da praza do Reló. O magnífico grupo St. James Street Band nun ambiente tranquilo e relaxado, fixo un percorrido polo jazz tradicional ofrecendo temas de calidade e boa música para o numeroso público que se achegou ata a praza.
Lembrade que o vindeiro día 30 será o terceiro concerto do noso X aniversario. Esperámosvos a todos.
Etiquetas:
Concertos,
Noticias e avisos
martes, 7 de julio de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






