domingo, 28 de junio de 2015

CONCERTO DE "LOS SWINGDOMABLES"



O incomparable marco da Praza do Reló acolleu o pasado venres 26 de xuño o primeiro dos tres concertos que temos organizados para  celebrar o noso X aniversario. Pasamos una velada moi agradable en compañía da Big Band “Los Singdomables Jazz Orquestra” que coa súa gran actuación deleitaron o público que se achegou ata a Praza do Reló para gozar da música de jazz e swing.  Foi un espectáculo entretido e diferente, presenciado por unha abondosa concorrencia que se deixou levar polos acordes desta estupenda banda. A presentación estivo a cargo de David Álvarez, membro da directiva da Agrupación Musical de A Guarda.


Grazas por facernos pasar tan bo rato coa vosa música e a vosa simpatía.


domingo, 3 de mayo de 2015

I ENCONTRO DE BANDAS INFANTILES 2015

Onte día 2 de maio tivo lugar o I Encontro de Bandas Infantiles, concerto que por mor do mal tempo houbo que celebrar a cuberto, nesta ocasión e por primeira vez  o marco  que finalmente acolleu ás bandas foi a Casa dos Alonsos, na Praza do Reló.
Ante unha boa afluencia de público actuaron a Minibanda de Mougás e a Banda Infantil da Agrupación Musical de A Guarda, presentados por Víctor Luís Alonso Treinta. Ás dúas bandas ofreceron un magnífico concerto e foron moi ovacionadas polo numeroso público. 
Felicitamos ós rapaces e rapazas que tocaron moi ben e tamén ós directores Luís Giráldez (Minibanda de Mougás) e J. Antonio Soutelo  (Banda Infantil da Agrupación Musical da Guarda).

  
Momento da actuación da Minibanda de Mougás baixo a dirección de  Luís Giráldez




A presidenta da Agrupación Musical de A Guarda Elena Álvarez fai entrega dun agasallo a Luís Giráldez






    
A Banda Infantil da Agrupación Musical da Guarda co seu director J. Antonio Soutelo

* Fotos cedidas por Lalo Rodríguez

jueves, 30 de abril de 2015

CAMBIO DE UBICACIÓN DO ENCONTRO DE BANDAS

Queremos comunicarvos que por razóns alleas a nós, en caso de chuvia o I Encontro de Bandas Infantiles terá lugar na Casa dos Alonsos (Praza do Reló) e non no colexio como estaba previsto.

Esperamos que veñades a vernos!

jueves, 19 de febrero de 2015

AVISO A TODOS OS SOCIOS E SOCIAS

Asemblea Xeral Ordinaria o vindeiro día 28 de febreiro, ás 19:30 h en primeira convocatoria e ás 20:00 h en segunda, como sempre no local de ensaios da banda.
Non faltedes!!