Onte día 2 de maio tivo lugar o I Encontro de Bandas Infantiles, concerto que por mor do mal tempo houbo que celebrar a cuberto, nesta ocasión e por primeira vez o marco que finalmente acolleu ás bandas foi a Casa dos Alonsos, na Praza do Reló.
Ante unha boa afluencia de público actuaron a Minibanda de Mougás e a Banda Infantil da Agrupación Musical de A Guarda, presentados por Víctor Luís Alonso Treinta. Ás dúas bandas ofreceron un magnífico concerto e foron moi ovacionadas polo numeroso público.
Felicitamos ós rapaces e rapazas que tocaron moi ben e tamén ós directores Luís Giráldez (Minibanda de Mougás) e J. Antonio Soutelo (Banda Infantil da Agrupación Musical da Guarda).
Momento da actuación da Minibanda de Mougás baixo a dirección de Luís Giráldez |
A presidenta da Agrupación Musical de A Guarda Elena Álvarez fai entrega dun agasallo a Luís Giráldez |
A Banda Infantil da Agrupación Musical da Guarda co seu director J. Antonio Soutelo |
* Fotos cedidas por Lalo Rodríguez
No hay comentarios:
Publicar un comentario