viernes, 23 de agosto de 2013
miércoles, 19 de junio de 2013
miércoles, 22 de mayo de 2013
CONCERTO SOLIDARIO
Tarde fría a do pasado sábado para celebrar o concerto solidario na Praza de San Benito. Aínda que non choveu, o auditorio non se encheu pero o público alí congregado achegou o seu gran de area doando unha boa cantidade de alimentos que, o finalizar o concerto, foron entregados á asociación San Vicente de Paúl para ser distribuidos entre as familias menos favorecidas da nosa vila. O acto estivo presentado polo noso párroco Don Jesús, sempre disposto a colaborar cando se precisa da súa axuda. Desde estas liñas queremos agradecer a todo o mundo a súa colaboración con esta causa.
A continuación, unhas fotos de Lalo Rodríguez:
Para ver o resto preme aquí
Etiquetas:
Actuacións,
Concertos
sábado, 11 de mayo de 2013
CONCERTO PARA RECOLLIDA DE ALIMENTOS
Colabora doando alimentos para unha boa causa. Estaremos na Praza de San Benito o día 18 de maio.
No faltes, a túa axuda é importante. Grazas pola túa colaboración.
Etiquetas:
actividades,
Concertos
jueves, 28 de febrero de 2013
Vídeos do Concerto de Santa Cecilia 2012
Xa están dispoñibles (inda que con retraso) os vídeos do concerto de Santa Cecilia 2012.
Tedes o concerto íntegro neste enlace.
E aquí quedan dous dos vídeos:
La Boda de Luís Alonso
Cavaleiros de Santiago
Tedes o concerto íntegro neste enlace.
E aquí quedan dous dos vídeos:
La Boda de Luís Alonso
Cavaleiros de Santiago
Etiquetas:
Actuacións,
Concertos,
Vídeos
lunes, 3 de diciembre de 2012
CONCERTO DE SANTA CECILIA 2012
Excelente actuación a que ofreceron as dúas bandas da Agrupación Musical de A Guarda no concerto do pasado sábado día 1 para celebrar a festividade de Santa Cecilia, padroa dos músicos, como tódolos anos na igrexa Parroquial de Santa María de A Guarda. O público achegouse ata o templo que estaba practicamente cheo para escoitar en primeiro lugar á Banda Infantil. Con moita ilusión os pequenos abriron o seu programa cun pasodobre e, arroupados polos fortes aplausos dos presentes continuaron con catro pezas de diferentes estilos, amosando os grandes progresos que están a realizar grazas o gran traballo do seu director José Antonio Soutelo, e por suposto ó esforzo destes cativos que ensaian semana tras semana para facer soar os seus instrumentos o mellor posible, esforzo que se viu recompensando cando o público pediulles “outra”, petición que foi concedida polos músicos cunha nova peza fóra de programa.
Ó remate da actuación, D. Jesús que como é habitual presentou o acto, comezou a chamar ós músicos que dende agora pasan a integrarse na banda dos maiores para impoñerlles o “pin” da Agrupación, acto simbólico co que se fai oficial o seu ingreso nesta formación musical. Nesta ocasión foron seis os rapaces e rapazas que “pasaron”:
-NATALIA FERNÁNDEZ LOMBA…………….…......…..…...FRAUTA.
-DAFNE PIÑEIRO GONZÁLEZ………………….……..…TROMPETA.
-BRAIS VERDE VERDE………………… ……………….PERCUSIÓN.
-SAMUEL LOUREIRO LOMBA……………. .……..…….CLARINETE.
-DANIEL PORTELA PÉREZ………………….….…………TROMPETA.
-THOMAS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ………..……………SAXOFÓN.
Seguidamente os novos músicos acomodáronse nas súas cadeiras cos seus compañeiros da banda “grande” para tocar por primeira vez con eles de maneira oficial.
Galería de imaxes - Autor Lalo Rodríguez.
Etiquetas:
Actuacións,
Concertos
domingo, 18 de noviembre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






