Gran afluencia de público na
igrexa a pesar da chuvia que non parou en todo o día para presenciar o concerto
que deu comezo ás 20:30 h como estaba previsto. A Banda Infantil dirixida como sempre por J. Antonio Soutelo, fixo unha
magnifica actuación e os rapaces convenceron o público que se entregou, respondendo con
fortes aplausos. As nosas felicitacións
a todos os seus compoñentes e a José
Antonio que fixo un gran traballo.
Ó rematar os músicos retiráronse
para dar paso ós seus compañeiros da Agrupación Musical da Guarda pero antes de comezar á súa actuación, o
presentador D. Jesús García Villadóniga,
foi chamando un a un ós músicos da infantil que pasan a formar parte da banda
grande desde agora, para que recibiran
da man dos seus compañeiros Coral, Laura e Raquel a insignia da Agrupación e se
incorporaran ó grupo. Entre os novos
compoñentes da banda atópase a nosa presidenta Elena que coa súa
constancia conseguiu acadar a súa meta. Foi a súa propia filla Melissa,
compoñente tamén da agrupación, quen lle puxo a insignia e a convidou a
sentarse na súa cadeira. Dende agora nai e filla compartirán a súa afección. Desexámoste
unha longa traxectoria musical. E por suposto parabéns tamén ás outras tres
rapazas que comezan a unha nova etapa chea de ilusión e optimismo. Os nomes destes novos músicos
son:
Alba Barbosa ........saxofón
Coral ponlle a insignia á súa nova compañeira Elena
Andrea Fernández .........Frauta
Andrea posa con Laura despois de recibir a insignia
Elena Álvarez......... Saxofón
Melissa ponlle a insignia á súa nai Elena, a nosa presidenta
* Fotos cedidas por Lalo Rodríguez
Unha vez acomodados, Víctor Alonso Treinta dirixiu a actuación dos maiores ofrecendo catro obras, unha delas con Melissa como clarinete solista que foi moi ovacionada. O público implicouse coa banda desde o principio e gozou coas interpretacións dos nosos músicos que estiveron estupendos e, por certo moi elegantes co seu novo uniforme que estreaban para a ocasión. A banda agradeceu os aplausos dos presentes cun pasodoble fóra de programa, co que puxeron fin á súa participación neste concerto. Moi ben rapaces, seguide así. Parabéns Víctor.
Antes de rematar Miguel Carrero
un dos percusionistas da banda entregou un agasallo a D. Jesús en nome da
Agrupación Musical da Guarda. Queremos agradecerlle dende aquí a súa inestimable
colaboración, xa que sen a súa axuda non sería posible a realización deste
concerto.
Grazas tamén a todos os que nos
acompañastes nesta data tan especial para os músicos pola vosa presenza, polo
voso apoio e pola vosa fidelidade porque sabemos que moitos de vos estades aí
sempre que tocamos. Ata o vindeiro ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario