Pois ao final, foi
no colexio dos PP Somascos. O sábado amañeceu un día inestable que nos levou a
dubidar sobre ónde celebrar o Concerto Solidario previsto inicialmente na Praza
de San Bieito. A tarde desapracible por mor do vento e do frío fíxonos
descartar a praza como escenario debido a ameaza de chuvia e unha vez máis o patio
cuberto do cole acolleu á nosa agrupación.
Este ano o concerto
foi a beneficio da Cruz Vermella, cuxos voluntarios estiveron no evento para
recoller os alimentos doados pola xente que se achegaba a presenciar o
concerto. Tamén ofreceron ós presentes a lotería do Sorteo del Oro e
información das actividades levadas a cabo por esta organización na zona.
O evento presentado
por Óscar Dorado, comezou coa actuación dos alumnos de percusión da nosa
agrupación Brais, María, Jose e Julián, interpretando dúas divertidas pezas
cuns “instrumentos” moi orixinais que arrincaron fortes aplausos do público.
A
continuación un dúo tamén de percusionistas formado por Miguel e Jorge
sorprenderon o todos coa súa destreza coas baterías sendo moi ovacionados.
O presentador deu
paso á segunda parte do concerto esta vez a cargo da Banda Infantil. Dirixidos
por J. Antonio Soutelo fixeron unha gran actuación e continuaron con tres pezas
acompañados polas voces do Coro Infantil do Colexio dos PP Somascos. Parabéns.
Para finalizar o
concerto a Agrupación Musical da Guarda, como sempre baixo a dirección de
Víctor Alonso Treinta, ofreceu varios temas e fixeron pasar un bo rato ós alí
presentes que marcharon satisfeitos. Unha magnífica actuación cunha gran
sonoridade e animación. Moi ben rapaces, seguide así.
O noso
agradecemento a todos os que se achegaron para colaborar nesta causa. Grazas
tamén á dirección do colexio por prestarnos as súas instalacións para levar a
cabo esta actividade solidaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario