Comezou o novo obradoiro de percusión! nesta ocasión de técnicas e percusión clásica para banda. Seguro que os participantes sacarán bo proveito deste taller de verán pensado para formar futuros percusionistas para a banda.
Colabora
Comezou o novo obradoiro de percusión! nesta ocasión de técnicas e percusión clásica para banda. Seguro que os participantes sacarán bo proveito deste taller de verán pensado para formar futuros percusionistas para a banda.
Colabora
Rematou o XVI Festival de Bandas celebrado o pasado sábado, comezou cun pasarrúas polo porto e terminou despois do concerto cunha peza conxunta en San Benito.
Un ano máis acompañamos á procesión de Corpus percorrendo ás rúas cubertas das marabillosas alfombras florais realizadas polos veciños e veciñas de A Guarda. Parabéns polo voso traballo!
O sábado pechamos o ciclo dos Concertos nas Parroquias co concerto de Camposancos, na Casa da Comunidade de Montes. Estamos encantados pola boa acollida desta iniciativa e moi agradecidos á directiva da Comunidade de Montes por tratarnos sempre tan ben, así da gusto ir a tocar.
Grazas tamén ao Concello por colaborar nesta actividade e agardamos repetir o vindeiro ano.
O pasado sábado levamos a nosa música a Oia para alegrar as rúas e acompañar á procesión nunha fermosa paraxe como é o porto e o Mosteiro. Un pracer tocar ao carón do mar nun día tan emblemático para os veciños e veciñas de Oia. O noso agradecemento á Comisión de Festas e ao Concello de Oia por contar con nós.
Esta actuación está incluída no programa Culturea da Deputación de Pontevedra.