domingo, 28 de julio de 2019

CONCERTO NA FESTA DO PEIXE ESPADA


Deixámosvos unhas imaxes do noso concerto de hoxe na Festa do Peixe Espada. Queremos darvos as grazas a todos polos vosos aplausos e a vosa compañía. É un pracer tocar para un público tan agarimoso. Pronto nos veremos de novo na vindeira edición do Festival de Bandas, na Praza de San Bieito. 




  






domingo, 14 de julio de 2019

CONCERTO CON MARÍA DO CEO

Que vos pareceu o concerto do pasado venres con María do Ceo? Nos estamos moi contentos co resultado, e sobre todo por contar coa compañía desta grandísima artista que nos deleitou a todos coa súa fermosa voz. Queremos agradecerlle que compartira con nós esta noite tan especial e sobre todo, o seu cariño e a súa amabilidade con todos e todas. Un bico moi forte María!

Moitas grazas a todas e todos os que vos achegastes ata o Porto para escoitarnos. Esperamos que desfrutarades do concerto! Ata a próxima!
Deixámosvos tamén unhas imaxes e o enlace de  Lalo Rodríguez  para que podades ver máis.
Grazas Lalo polas túas fotos, preciosas como sempre.





sábado, 6 de julio de 2019

ACTUACIÓN NO XIV ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS

 O vindeiro venres día 12 teremos o pracer de compartir escenario coa fadista María do Ceo, que cantará coa Agrupación Musical de A Guarda. Esta será a nosa próxima actuación, dentro da progrramación do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que terá lugar do 11 ao 14 de xullo no Porto da Guarda. Non volo perdades!! 
Haberá moitas máis actuacións durante o Encontro, catro días para desfrutar a tope da boa música e de todas as actividades que se levarán a cabo, como talleres e exposicións, ademais de ver e coñecer de primeira man unha morea de embarcacións tradicionais que estarán fondeadas no porto. Un acontecemento irrepetible. 


                                         

martes, 18 de junio de 2019

IV AULA DE VERÁN


O vindeiro més de xullo comezaremos a nosa Aula de Verán. Xa sabedes que podedes apuntarvos se tedes máis de sete anos, so necesitades ter gañas de pasalo ben aprendendo música. O instrumento prestámoscho nós. Anímate e ven probar as túas habilidades musicais!



domingo, 12 de mayo de 2019

III MOSTRA ASOCIATIVA


Onte sábado estivemos na III Mostra Asociativa na Alameda de A Guarda organizada polo Concello de A Guarda, onde compartimos una tarde de actividades  cun outras asociacións da nosa vila. Unha morea de xente a que se achegou ata a Alameda para desfrutar desta tarde de actuacións, en moitos casos conxuntas. Unha sección da nosa banda interpretou unhas pezas ao carón do punto de información da asociación San Vicente de Paul.

Grazas a todos por asistir. Esperamos que vos gustara tanto como a nós! Deixámosvos unhas imaxes.




 
 
 

lunes, 29 de abril de 2019

CONCERTO DE PRIMAVERA 2019


O sábado día 27 celebramos o Concerto de Primavera no que contamos coa participación do Coro do Conservatorio de A Guarda. Comezou cara ás 20:00 horas no baixo da Casa dos Alonso, edificio que alberga ao Concello dende hai uns meses.

Antes de comezar gardouse un minuto de silencio en lembranza do noso querido compañeiro Castelar Piedra, recentemente falecido e de seguido, a banda que foi a primeira en actuar ofreceu varios temas  dirixidos por Víctor. Logo dun pequeno descanso para preparar o escenario, entraron os rapaces e rapazas do coro que fixeron unha magnífica actuación dirixidos polo seu profesor Bruno.  Felicidades a todos estes nenos e nenas, moitas grazas por compartir con nos este concerto.

Por suposto felicitamos tamén aos compoñentes da Agrupación Musical de A Guarda e a Víctor polo traballo realizado e agradecémoslles a todos o esforzo que tiveron que facer para poder asistir aos ensaios durante as semanas previas ao concerto. Agora, a seguir traballando para as próximas actuacións que están á volta da esquina.

Moitas grazas a todos por asistir, esperamos que vos gustara. Vémonos pronto.

Aquí tedes unhas imaxes do noso archivo e un enlace para ver as de Lalo Rodríguez: