viernes, 22 de junio de 2018

MOSTRAS MUSICAIS



III Aula de verán





Apúntate a esta  actividade de verán na que poderás iniciarte na música e na práctica dun instrumento de vento ou percusión. Se non tes instrumento, prestámosche un. Só tes que chamar o teléfono indicado ou enviarnos un e-mail ao enderezo que aparece no cartel. 
Anímate. Totalmente gratuita!!

domingo, 27 de mayo de 2018

X PRIMAVERA MUSICAL EN CANDEÁN

Onte pasamos unha tarde moi agradable participando na X Primavera Musical de Candeán, convidados pola Banda de Música da U.V.C.D. de Candeán. Os nosos parabéns ás bandas de Salvaterra e de Candeán pola súa gran actuación, e tamén felicitar aos nosos anfitrións pola estupenda organización do festival e darlles as grazas por convidarnos a este evento. En breve teremos un novo encontro con esta estupenda formación da U.V.C.D. de Candeán. 

Sobre estas liñas, dúas imaxes da actuación da Agrupación Musical 
de A Guarda  na X Primavera Musical de Candeán.

 A Banda de Música de Salvaterra finalizando a súa actuación

 Momento da actuación da Banda da U.V.C.D. de Candeán



miércoles, 2 de mayo de 2018

PRIMAVERA MUSICAL EN CANDEÁN

O vindeiro día 26 estaremos en Candeán (Vigo) en compañía dos compañeiros das bandas de Salvaterra e Candeán. Achegádevos para desfrutar da X primavera musical!



lunes, 16 de abril de 2018

CONCERTO DE PRIMAVERA 2018

O pasado sábado tivo lugar o noso Concerto de Primavera, o primeiro desta tempada. Foi na Casa dos Alonso ás 20:00 h, acompañados dun numeroso público que nos apoiou e animou en todo momento.  Unha vez máis agradecemos a vosa presenza e os vosos aplausos. Esperamos que vos gustase a nosa actuación. Vémonos de novo moi pronto!

Aqui tedes algunhas imaxes:





O noso agradecemento tamén á Concellería de Cultura e o Concello da Guarda.

miércoles, 4 de abril de 2018

CONCERTO DE PRIMAVERA

Xa estamos de novo con vós, preparados para o inicio da tempada 2018. Estamos preparando novas actividades para este verán, pero para comezar aqui tedes o noso primeiro concerto do ano. Esperamos contar coa vosa presenza!


sábado, 23 de diciembre de 2017