Apúntate a esta actividade de verán na que poderás iniciarte na música e
na práctica dun instrumento de vento ou percusión. Se non tes
instrumento, prestámosche un. Só tes que chamar o teléfono indicado ou
enviarnos un e-mail ao enderezo que aparece no cartel. Anímate.
Totalmente gratuita!!
viernes, 16 de junio de 2017
lunes, 8 de mayo de 2017
CONCERTO NO RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS
Con motivo da celebración do Día da Nai, participamos nos actos que o Recreo Artístico Guardés tiña preparados para esta data ofrecendo un concerto no salón principal desa asociación. Deixámosvos unhas fotos da nosa actuación e esperamos que o pasásedes ben. En breve volveremos con novas actuacións.
Etiquetas:
Actuacións,
Concertos
lunes, 1 de mayo de 2017
CONCERTO DE PRIMAVERA
Como estaba previsto celebramos o concerto de primavera o pasado sábado día 29, aínda que como o tempo non axudou tivo lugar dentro da Casa dos Alonso que quedou pequena para o numeroso público asistente. Fermoso concerto o que ofreceron os nosos músicos, aos que queremos agradecer o gran esforzo que tiveron que facer para poder asistir aos ensaios, xa que moitos encóntranse estudando ou traballando fóra da nosa vila. Esperamos que vos gustase tanto como a nós, só lembrarvos que o vindeiro domingo día 7 estaremos no Recreo Artístico Guardés cunha nova actuación. Grazas a todos polo voso apoio e polos vosos aplausos.
Etiquetas:
actividades,
Concertos
martes, 18 de abril de 2017
CONCERTO DE PRIMAVERA
Iniciamos a temporada con novas actividades. Estaremos con vós o vindeiro día 29 na Praza do Reló, ou na Casa dos Alonsos en caso de choiva. Non faltedes. E se non podedes asistir, o día 7 de maio actuaremos no salón do Recreo Artístico Guardés para celebrar o Día da Nai.
Etiquetas:
actividades,
Actuacións,
Concertos
miércoles, 21 de diciembre de 2016
lunes, 28 de noviembre de 2016
SANTA ICÍA 2016
O
sábado día 26 celebramos unha vez máis o tradicional concerto de Santa Icía na
Igrexa Parroquial de Santa María. Nesta ocasión estivemos acompañados da
Agrupación Coral Polifónica de A Guarda que abriu o concerto interpretando, baixo
a dirección de Mari Silda Sánchez Lomba, seis fermosos e coñecidos temas, ofrecendo
unha espléndida actuación. Felicidades polo voso traballo!
![]() |
| Momento da actuación da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda recollido pola cámara de Lalo Rodríguez |
Dúas imaxes de Lalo Rodríguez. Á esquerda Prudencio Pérez entregando un agasallo á directora da Coral Mari Silda Sánchez. Á dereita Mari Silda posa co noso director Víctor Alonso.
Ao
remate da súa actuación o noso párroco D. Jesús García Villadóniga, presentador do evento, deu paso aos
músicos noveles para entregarlles a insignia da banda, acto que simboliza a súa
entrada oficial na Agrupación Musical de A Guarda. Este ano foron:
Alba
Vicente Pereira (trompa)
Aarón Fernández foi o encargado de poñerlle a insignia a Alba
Nuria
Fernández Martínez (frauta)
Á esquerda Laura poñendo a insignia a Nuria.
Á dereita as dúas compañeiras posando nesta imaxe de Lalo Rodríguez.
Alberto
Martínez Cadilla (trompeta)
Luciano ponlle a insignia ao novo trompeta Alberto
David
Álvarez Mariño (percusión)
O noso presidente David recibe a insignia de mans do seu fillo Mateo, tamén percusionista.
A fotografía da esquerda é de Lalo Rodríguez.
Unha
vez entregadas as insignias, procedemos á presentación do estandarte da
Agrupación Musical de A Guarda que foi doado por particulares e que en adiante
levaremos con orgullo nos nosos desprazamentos e pasacalles. O noso
agradecemento a estas persoas que tiveron este precioso detalle con nós, facéndonos
sentir unha vez máis o apoio dos nosos afeccionados.
Gemma posa co estandarte da Agrupación Musical
Seguidamente
deu comezo a actuación da banda que interpretou catro temas de diferentes
estilos musicais, dirixidos como sempre por Víctor Alonso Treinta. Felicitamos
aos músicos e ó Director pola súa magnífica actuación. A
continuación a Coral e a banda interpretaron dous temas conxuntamente, que
foron moi ben acollidos polo público: “Oda a la alegría” de L.W. Beethoven e “Nabucco
– Va Pensiero” de G. Verdi.
Varios momentos da actuación
Como
broche de ouro, a Agrupación Musical de A Guarda pechou o concerto coa estrea do “Pasodoble guardés” composto por José Luis
Lorenzo Rodríguez, músico moi coñecido na nosa vila, quen recibiu un sinxelo
recordo de mans do presidente da Agrupación Musical de A Guarda e o cariño do
público presente que se puxo en pé para dedicarlle unha fortísima ovación por
esta obra súa dedicada ao noso pobo. Moitísimas
grazas D. José Luis en nome de toda a Agrupación Musical, por darnos a
oportunidade de estrear a súa fermosa composición.
José Luis Lorenzo Rodríguez e David Álvarez, presidente da Agrupación.
Fotografía de Lalo Rodríguez
O
noso agradecemento tamén á Agrupación Coral Polifónica de A Guarda por
acompañarnos neste concerto, a D. Jesús pola súa inestimable colaboración e por
suposto, ao público que como sempre acompañounos nesta noite tan especial para
os músicos. Vémonos no seguinte concerto.
Etiquetas:
actividades,
Concertos
jueves, 17 de noviembre de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















