E como broche de ouro concerto conxunto en Caminha. Non faltedes!
domingo, 15 de diciembre de 2024
XORNADAS INSTRUMENTAIS TRANSFRONTEIRIZAS (2)
Onte día 14 tiveron lugar as Xornadas Instrumentais Eurocidade coas Clases Maxistrais de clarinete e de saxofón, impartidas por Asterio Leiva Piñeiro e Rafael Yebra Rivera, respectivamente, os dous profesores do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Con estas clases remata este ciclo de xornadas instrumentais, aínda que os actos de capacitación deste programa pecharán o vindeiro sábado día 21 cun Encontro de Bandas que terá lugar en Caminha.
O
noso agradecemento ao Concello de A Guarda por esta iniciativa.
martes, 10 de diciembre de 2024
XORMADAS INSTRUMENTAIS TRANSFRONTEIRIZAS (1)
domingo, 24 de noviembre de 2024
CONCERTO DE SANTA ICÍA
Onte sábado foi o noso concerto de Sana Cecilia na igrexa parroquial, actuando en primeiro lugar o Grupo de Iniciación da nosa banda e a continuación a Agrupación Musical de A Guarda. Entre as dúas actuacións fíxose unha paréntese pra facer entrega da insignia da Agruación aos novos e novas compoñentes que se incorporaron este ano. Son as seguintes:
Lucía (trombón), quen recibe a insignia da súa irmá Sara:

Hugo (trombón), entrégalle a insignia o seu irmán Pablo:
Roque (bombardino), entrega o seu compañeiro Lucas:

Diana (trompa) recibe a insignia de mans da súa filla Dafne:

Teresa (clarinete) a quen lle entrega a insignia o seu sobriño Samuel:

Aquí tedes unhas imaxes do concerto:
Esperamos que vos gustara. Moitas grazas a todos e todas por asistir e o noso agradecemento ao noso párroco e ao Concello de A Guarda pola súa colaboración.
lunes, 11 de noviembre de 2024
lunes, 7 de octubre de 2024
CONCERTOS NAS PARROQUIAS: CAMPOSANCOS
Ó mal tempo boa cara. Aínda que non parou de chover en toda a tarde, espléndida acollida o sábado día 5 en Camposancos para escoitarnos. Cheo total!
Moitas grazas a todos o todas por achegarvos para presenciar o concerto da nosa banda e moitas grazas á Comunidade de Montes de Camposancos por tratarnos tan ben.
Coa colaboración de
























