martes, 17 de septiembre de 2024

VIAXE CULTURAL A PORTO

 

O pasado sábado, os membros e socios da agrupación, puxemos rumbo  a Porto para desfrutar dunha visita guiada e dun espectacular concerto da Orquestra Sinfónica do Porto na Casa da Música. Foi unha moi bonita xornada de convivencia e música, idónea para comezar o novo curso con moitas ganas.
 






 
 

viernes, 13 de septiembre de 2024

FESTAS DA VIRXE DA GUÍA

 Aquí tedes unhas imaxes da nosa actuación do pasado día 8 nas Festas da Virxe da Guía. Moitas grazas á Comisión de Festas por contar con nós un ano máis.







 

      Actuación financiada con cargo ao programa Culturea

 

 



sábado, 31 de agosto de 2024

CONCERTO NAS PARROQUIAS

 Onte pasamos unha tarde moi agradable en compañía das e dos veciños de Salcidos no noso Concerto nas parroquias. Moitas grazas pola vosa gran acollida

O noso agradecemento ao Concello da Guarda pola súa colaboración.









 

miércoles, 21 de agosto de 2024

CONCERTOS NAS PARROQUIAS

 Novo concerto da banda a vindeira semana, nesta ocasión na Praza de Salcidos. 

 



domingo, 18 de agosto de 2024

XV FESTIVAL DE BANDA "VILA DA GUARDA"

 

Fantástico concerto o de onte no XV Festival de Bandas "Vila da Guarda". Un pracer contar coa compañía do Ateneo Musical de Bembrive, a quen agradecemos a súa participación. Grazas a todos e todas por asistir, esperamos que vos gustara tanto como a nós.
 
Aquí tedes unhas imaxes.
 




 







 
Este concerto conta coa colaboración do Concello de A Guarda e da Deputación de Pontevedra dentro do programa Culturea.


jueves, 1 de agosto de 2024

XV FESTIVAL DE BANDAS

 Xa estamos preparando unha nova edición do noso Festival de Bandas. Este ano contaremos coa compañía do Ateneo Musical de Bembrive, Esperámosvos!!



viernes, 19 de julio de 2024

FESTAS DA VIRXE DO CARME

 

Fotos do pasado martes ca Agrupación Musical da Guarda
Pola mañán puxemos música ás rúas da vila acompañando a procesión da Virxe do Carme, e pola tardiña tivemos a honra de que Maria do Ceo nos acompañara no escenario.
 
O concerto foi todo un éxito, cheo total!. Moitas grazas a María do Ceo, a todo o público asistente e aos músicos polo seu esforzo e compromiso.
 
O noso agradecemento tamén á Comisión de Festas por contar con nós un ano máis e ao Concello da Guarda.
 






 
                Actuación dentro do programa Culturea                                 Colabora