domingo, 30 de julio de 2023

ORQUESTRA DE MALABARES

Exitazo onte no concerto Orquestra de malabares. Cheo total!
Nos pasámolo moi ben, esperamos que vos gustara. O noso agradecemento aos compañeiros de PistaCatro, un pracer traballar con tan bos profesionais.
Grazas tamén ao Concello da Guarda e a Concellería de Cultura, e por suposto a todos os e as asistentes.
En breve estaremos de novo con todos vós cun novo concerto.

 







jueves, 20 de julio de 2023

CONCERTO: ORQUESTRA DE MALABARES

A nosa vindeira actuación será moi especial. Participaremos no espectáculo da compañía de circo PistaCatro coa "Orquestra de Malabares". Un concerto cheo de diversión, malabares e música para todos e todas. Non volo perdades!!

 Organiza: Concello da Guarda. Programa Cultura no Camiño.


lunes, 17 de julio de 2023

FESTAS DA VIRXE DO CARME

 Un ano máis estivemos nas festas da Virxe do Carme. Aquí tedes algunhas imaxes. Moitas grazas á comisión de festas por contar con nós.

 




                                          

domingo, 11 de junio de 2023

PROCESIÓN DO CORPUS 2023

 Unha vez máis a nosa banda pechou a procesión do Corpus. As rúas enchéronse de cor coas fermosas alfombras florais que luciron durante todo o día. Felicitamos ás alfombristas polo gran traballo realizado.




 

 

martes, 23 de mayo de 2023

CONCERTO DIDÁCTICO

Hoxe estivo o noso Grupo de Iniciación no colexio dos PP Somascos cun concerto didáctico. Un pracer tocar para un público tan entregado. Esperamos que vos gustara, nos pasámolo moi ben.
O noso agradecemento á dirección do centro pola súa colaboración e polo seu interese na nosa actividade.

 





domingo, 30 de abril de 2023

ESTREA PASODORE "A GUARDA"

Onte foi o concerto de Primavera organizado polo Concello. Un pracer actuar na compañía dos coros: Polifónica de A Guarda, Club de Pensionistas da Terceira Idade e Cantábile. Xuntos interpretamos o pasodobre “A Guarda” dirixidos polo seu compositor José Luis Represas. Felicidades a todos e todas pola vosa gran actuación!.





miércoles, 26 de abril de 2023

CONCERTO DE PRIMAVERA

Este sábado día 29, estaremos xunto cos compañeiros e compañeiras dos coros: Cantábile, Coro da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda, e Coral Polifónica de A Guarda, na estrea do pasodobre "A Guarda", do mestre e compositor José Luis Represas Carrera.
Organiza: Concello de A Guarda.