jueves, 25 de junio de 2020

XV ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA

Hoxe lembramos un día  moi importante na nosa historia que queremos compartir. Tal día como hoxe hai 15 anos, faciamos a presentación oficial da nosa banda na Praza do Reló apadriñados pola Agrupación Musical do Rosal. Antes de que comezara esta situación tan atípica estabamos preparando algunhas cousas para celebralo con vós, pero como non vai ser posible, aquí tedes un video de ese momento tan especial da nosa estrea, gravado pola cámara de Agustín Ferreira Lorenzo.

 Mentres, preparando todo para volver aos ensaios o antes posible; iso si, a modiño...




miércoles, 3 de junio de 2020

VÍDEO DO 2011

Hoxe toca "Mi tierra gallega" de Prudencio Romo. A gravación corresponde á nosa actuación no XVI Festival de Bandas de Chapela, no ano 2011.




domingo, 24 de mayo de 2020

ACTUACIÓN NO 2010

Seguimos recuperando vídeos antigos para lembrar os vellos tempos, nesta ocasión atopamos este pasodobre gravado no auditorio da Praza de San Bieito no ano 2010, cando estabamos preparando a nosa participación no certame de Bandas de Pontevedra.






viernes, 8 de mayo de 2020

MÁIS VÍDEOS



Ola de novo! Aquí tedes outros dous vídeos de diferentes actuacións, un é do último concerto que ofrecemos e o outro de hai nove anos, cando participamos no XVI Festival de Bandas de Chapela. Esperamos que vos gusten.








viernes, 24 de abril de 2020

LEMBRANZAS



Ola a todos e todas. Este ano celebramos o noso 15 aniversario e temos moitas ganas de tocar de novo para vós, pero como de momento non é posible ofrecervos os concertos que tiñamos preparados, queremos compartir con vós algúns vídeos antigos que atopamos.

En canto sexa posible volveremos coas actuacións en directo, que son as que máis nos gustan. Oxalá que sexa pronto! Mentres, quedade na casa e se vos apetece, ollade os vídeos.

Ánimo e moita música! 








domingo, 24 de noviembre de 2019

CONCERTO DE SANTA ICÍA 2019


Ola a todos e todas. Que vos pareceu o concerto de Santa Icía deste ano? Nos estamos moi satisfeitos co resultado e sobre todo, por contar unha vez máis co voso apoio e os vosos aplausos. A continuación deixámosvos un pequeno resumo do concerto e como non, unhas imaxes.

Este ano decidimos cambiar de horario e o concerto tivo lugar ás 17:00 h, actuando como presentador D. Jesús García Villadóniga, a quen agradecemos a súa inestimable colaboración. Abriu o concerto o grupo invitado que nesta ocasión foi a Coral do Clube Terceira Idade de A Guarda que baixo a dirección de David González Sobrino, fixeron unha gran actuación. Desde aquí queremos felicitalos e animalos a que sigan cantando así de ben e desfrutando da música. Foi para nós un pracer contar coa súa compañía e agradecémoslles que aceptaran a nosa invitación.
 
A Coral dao Clubbe da Terceira Idade durante a súa actuación
 
Unha vez terminada, o noso presidente David Álvarez entregou un detalle ao director da coral como recordo desta actuación. Seguidamente os compoñentes da banda acomodáronse nas súas cadeiras para afinar e comezar o seu concerto, pero antes como é habitual, fixemos entrega da insignia da Agrupación aos compoñentes que entraron na banda este ano formalizando así a súa pertenza á Agrupación Musical de A Guarda. Foron os seguintes:  

Diego, Saxo tenor:





















  Thomas poñendo a insignia ao seu novo compañeiro Diego 


Gabriel, percusión:

David co novo percusionista Gabriel 


Sara, saxo alto:



















 Sara recibe a súa insignia de mans da veterana Alba


África, saxo alto:

 


















 Carla con África, nova saxofonista da banda

Nicolás, tuba:

Óscar, tuba veterano, entrega a insignia a Nicolás


A continuación, Víctor Alonso dirixiu á banda unha vez máis co seu bo facer, ofrecendo un repertorio variado e alegre que foi moi aplaudido polo público. Os nosos parabéns a estes rapaces e rapazas e a seguir así! Esperamos que vos gustara tanto como a nós e contar con vós nunha vindeira edición. Moitas grazas a todos e todas por acompañarnos. Ata a próxima!!

Podedes ver a fotografías de Lalo Rodríguez  premendo aquí: Concerto Santa Icía 2019

A Agrupación Musical de A Guarda durante a súa actuación.

lunes, 11 de noviembre de 2019

CONCERTO DE SANTA ICÍA 2019

Dentro duns días celebraremos o noso habitual concerto de Santa Icía, que este ano sufrirá un cambio de horario. Será pola tarde, dando comezo ás 17:00 h na igrexa parroquial.
Esperámosvos a todos e todas!!!