lunes, 29 de abril de 2019
lunes, 15 de abril de 2019
CASTELAR PIEDRA
Hoxe deixounos unha
gran persoa e un compañeiro que nos inicios da banda foi un excelente exemplo
para as novas xeracións de músicos da Agrupación Musical de A Guarda. Unha
persoa comprometida e gran apaixonado da música. Hoxe é un día triste para
todos nos. Faleceu en Valladolid onde viviu durante máis de cincuenta anos,
pero sempre que podía voltaba á súa terra, na cal sempre lembraba os seus
inicios na Banda de Tabagón e a súa infancia como fillo do director da banda,
ata a súa desaparición na década dos 60.
Moi querido e respectado por todos os rapaces e rapazas da nosa banda, que tiveron a sorte de telo como compañeiro e de aprender del.Todos sentimos unha
gran tristeza porque hoxe nos deixou un
gran home, Castelar Piedra Pérez. D.E.P. compañeiro.
Etiquetas:
Noticias e avisos
jueves, 11 de abril de 2019
CONCERTO DE PRIMAVERA
Comezamos coa nova temporada!. Aquí vos deixamos o cartel do Concerto de Primavera deste ano, no que ademais da banda, actuarán como convidados os rapaces e rapazas do Coro Infantil do Conservatorio, seguro que vos encantarán.
Etiquetas:
Actuacións,
Concertos
lunes, 25 de marzo de 2019
III MOSTRA ASOCIATIVA
Queremos compartir o vídeo promocional da III Mostra Asociativa organizada polo Concello da Guarda, que terá lugar o vindeiro 11 de maio na Alameda.
Etiquetas:
Noticias e avisos
lunes, 26 de noviembre de 2018
CONCERTO SANTA CECILIA
O sábado día 24
celebramos a festividade de Santa Cecilia cun novo concerto, esta vez
estupendamente acompañados dos Coros Arpegios e Cantábile aos que agradecemos a
súa participación neste evento, foi un
pracer contar con eles e compartir un día tan especial para os músicos. O
concerto tivo lugar na igrexa parroquial de Santa María, dando comezo cun pouco
de retraso sobre o horario previsto xa que a montaxe e preparación do espazo
para a actuación leva o seu tempo. Don Jesús como sempre fíxose cargo da
presentación, dando paso en primeiro lugar ás rapazas e rapaces do Coro
Arpegios que nos deleitaron coas súas voces brancas dirixidos por D. Avelino
Ferreira. De seguido entraron os compoñentes do Coro Cantálile igualmente baixo a dirección de Avelino que recibiron fortes aplausos do numeroso público
que se achegou a pesar da choiva. Os nosos parabéns aos dous coros pola súa
marabillosa actuación.
E chegou a quenda
da Agrupación Musical de A Guarda; unha vez acomodados nas súas cadeiras, D.
Jesús chamou a Avelino Ferreira a quen David Álvarez, o noso presidente, fixo
entrega dun agasallo pola colaboración neste concerto. A continuación
procedeuse á entrega da insignia da banda aos músicos que comezaron durante
este ano na nosa formación musical. Algúns compañeiros máis veteranos
encargáronse de poñerlles a insignia. Os novos integrantes da banda son:
Lucas Pérez (percusión)

Marta Vasconcellos (saxo alto)
Lucía Lomba (saxo alto)

Buenaventura Rodríguez (saxo tenor)

Parabéns e moita
sorte na vosa traxectoria musical!!
Antes de comezar
David chamou a Antonio González para entregarlle tamén un agasallo en
agradecemento á súa colaboración musical coa nosa agrupación. Xa con todos nos seus postos, a Agrupación
Musical interpretou catro temas baixo a dirección de Víctor Alonso Treinta e unha vez rematada a súa magnífica actuación, entraron os compoñentes dos coros
Arpegios e Cantábile para interpretar
dúas pezas conxuntamente coa banda. Moi bo traballo, as nosas felicitacións a
todos.
O noso agradecemento a D. Jesús pola súa inestimable colaboración, e por permitirnos dispoñer da igrexa para este evento. Grazas tamén a todos os asistentes por achegarvos a pesar da choiva, amosándonos así o voso apoio e cariño. Ata a próxima.
O noso agradecemento a D. Jesús pola súa inestimable colaboración, e por permitirnos dispoñer da igrexa para este evento. Grazas tamén a todos os asistentes por achegarvos a pesar da choiva, amosándonos así o voso apoio e cariño. Ata a próxima.
Etiquetas:
actividades,
Actuacións,
Concertos
miércoles, 7 de noviembre de 2018
lunes, 17 de septiembre de 2018
II MOSTRA ASOCIATIVA
Como xa vos anunciaramos, o pasado sábado día 14 estivemos na alameda durante todo o día participando na II Mostra Asociativa organizada polo Concello da Guarda. Moitas actividades e moito público, pasámolo moi ben amosando o noso traballo a todos os que vos achegastes ata o noso stand e ensinando os diferentes instrumentos aos nenos e nenas que se animaron a probalos. Grazas a todos e todas por vir! Deixámosvos unhas imaxes.
Etiquetas:
actividades,
Noticias e avisos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















