lunes, 13 de junio de 2016

AULA DE VERÁN

 
Apúntate a esta nova actividade de verán na que poderás iniciarte na música e na práctica dun instrumento de vento ou percusión. Se non tes instrumento, prestámosche un. Só tes que chamar o teléfono indicado ou enviarnos un e-mail ao enderezo que aparece no cartel. Anímate. Totalmente gratuita!!

martes, 7 de junio de 2016

CONCERTO SOLIDARIO

 O pasado sábado tivo lugar o Concerto Solidario durante o cal recolléronse alimentos non perecedoiros para entregar a Asociación San Vicente de Paul. Neste concerto estivemos acompañados polo grupo SonGodin's, a quen que agradecemos de corazón a súa desinteresada colaboración na celebración deste evento. Moitas grazas  a todos os que vos achegastes ata a praza co voso donativo para esta causa e grazas tamén o Concello da Guarda e a D. Jesús García Villadóniga que fixo a presentación do acto.



miércoles, 25 de mayo de 2016

domingo, 24 de abril de 2016

CONCERTO-BAILE DE PRIMAVERA

Aínda que cunha semana de retraso por mor da choiva, finalmente puidemos facer o concerto-baile de primavera. Presentado por David Álvarez, músico e presidente da  Agrupación, o concerto comezou ás 20:00 horas na alameda como estaba previsto, prolongándose durante máis dunha hora dirixido como sempre por Víctor Alonso Treinta.
Esperamos que fora do voso agrado e que desfrutárades escoitando e bailando con nós. Grazas pola vosa asistencia. Xa estamos preparando o seguinte, vémonos pronto.




David Álvarez presentando o concerto




sábado, 16 de abril de 2016

AVISO:

Debido ó mal tempo, o concerto-baile previsto para hoxe queda aprazado para o vindeiro sábado día 23 ás 20:00 h.