martes, 22 de noviembre de 2011
PRIMEIRO DISCO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DA GUARDA
Acaba de sair o primeiro CD da Agrupación Musical de A Guarda, un gran traballo realizado pola nosa banda e que merece a pena escoitar. O disco aparece no mercado coincidindo co décimo aniversario da fundación da nosa agrupación, aínda que a presentación oficial da banda foi no ano 2005. A gravación foi realizada no Auditorio Municipal de Goián o pasado mes de agosto baixo a dirección de Víctor Alonso Treinta e contén un variado repertorio entre o que se poden escoitar pezas como "La Primitiva" de Jef Penders, "Virginia" de Jacob de Haan, "Amapola" de José Mª Lacalle (arreglos de Nahomiro Inai), "Muiñeira dos Pendellos" de X. Lois Diéguez, etc...
Colaboren coa Banda mercando este CD no local da Agrupación ou nos establecementos colaboradores.
Etiquetas:
Noticias e avisos
martes, 20 de septiembre de 2011
ACTIVIDADES 2010
VIAXE A LOUSAME:
Como en anos anteriores o pasado verán a Agrupación Musical de A Guarda realizou unha viaxe de intercambio, nesta ocasión coa Banda Municipal de Lousame (A Coruña). A nosa banda partiu o sábado 31 de xullo ás 8 da mañá do local de ensaios para facer unha parada na Proba do Caramiñal. Durante o día visitaron tamén as dunas de Corrubedo e a praia do Vilar para, a continuación, coñecer o Castro de Baroña en Porto do Son. A última hora da tarde chegaron a Noia onde foron recibidos polo Director e algúns músicos da Banda de Lousame.
Compoñentes da Agrupación en Noia
O domingo dia 1 de agosto pola mañá tiveron ocasión de visitar o casco histórico de Noia. Despois de comer saíron cara a Lousame para participar no Festival de Bandas de Música de Lousame onde compartiron escenario coa banda anfitrioa e coa Banda de Musica Municipal de Vilalba (Lugo).
Ao remate do festival que se realizou a carón do concello de Lousame, procedeuse á entrega de agasallos por parte das bandas participantes e representantes do Concello de Lousame e como broche final á convivencia musical coa Banda de Musica Municipal de Lousame os nosos músicos acudiron a unha cea invitados polos nosos anfitrións, saíndo cara a Guarda ó remate da mesma.
A Banda durante a súa actuación en Lousame
Etiquetas:
actividades,
intercambios
NOVA SECCIÓN INFANTIL
A Agrupación Musical de A Guarda ten unha sección infantil á que poden acudir todos aqueles rapaces e rapazas que o desexen, para aprender a tocar en conxunto. Poden vir a probar durante dous meses sen compromiso e máis adiante formar parte da Banda se o desexan. Para máis información poden poñerse en contacto con nós no seguinte enderezo:
agrupacionmusicaldaguarda@hotmail.com
Etiquetas:
Noticias e avisos
lunes, 19 de septiembre de 2011
V FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA "VILA DA GUARDA"
Agrupación Musical de A Guarda * Fotografía de Lalo Rodríguez
O 27 de agosto tivo lugar na Praza de San Bieito o “V Festival de Bandas de Música Vila da Guarda” organizado pola Agrupación Musical de A Guarda. Este ano participaron como bandas invitadas a Banda de Música "Unión Musical de Coruxo" e a Banda de Música do Concello de Barbadás; en último lugar actuou a Agrupación Musical da Guarda. O bo tempo contribuíu a que unha boa cantidade de público se mantivera nas gradas ata ó final do evento apoiando ás distintas formacións musicais. O evento estivo presentado nesta ocasión por Elena Baz (Xamaraina), a quen agradecemos a súa colaboración.
O 27 de agosto tivo lugar na Praza de San Bieito o “V Festival de Bandas de Música Vila da Guarda” organizado pola Agrupación Musical de A Guarda. Este ano participaron como bandas invitadas a Banda de Música "Unión Musical de Coruxo" e a Banda de Música do Concello de Barbadás; en último lugar actuou a Agrupación Musical da Guarda. O bo tempo contribuíu a que unha boa cantidade de público se mantivera nas gradas ata ó final do evento apoiando ás distintas formacións musicais. O evento estivo presentado nesta ocasión por Elena Baz (Xamaraina), a quen agradecemos a súa colaboración.
O programa foi o seguinte:
UNIÓN MUSICAL DE CORUXO:
1 - Orpheo en los Infiernos...............................J. Offenbach
2 - Concerto d’amore....................................Jacob de Haan
3 – El diablo de madera.....................................Harm Evers
4 – Certámen Levantino...........................Pascual Marquina
DIRECTOR: Francisco Abal Rosales
1 - Cultura....................................................Pérez Outeiriño
2 – Poeta y aldeano..........................................F. von Suppé
3 – A lenda de Montelongo.........................Bernardo del Río
4 – Tom Jones in concert.....................Arr. Frank Bernaerts
5 – Muiñeira dos Pendellos......................Juan Lois Diéguez
DIRECTOR: José Manuel Dopazo Grande
1 – La Primitiva (pasodoble)...............................Jef Penders
2 – Virginia....................................................Jacob de Haan
3 – Amapola....................................................J. Mª la Calle
Arr. Naohiro Inai
4 – Caravan.....................................Duke Ellington/ J. Tizol
Arr. Naohiro Inai
5 – SanLorenzo de Muimenta.........................X. L. Represas
DIRECTOR: Víctor Luís Alonso Treinta
Agradecemos a colaboración do Concello da Guarda, da Deputación, da Federación Galega de Bandas de Música, de “La Caixa” e a de todos os establecementos, empresas e particulares que nos axudaron economicamente, xa que sen eles non sería posible a realización deste Festival.
Ó remate da actuación da banda local houbo procedeuse á entrega duns agasallos ás bandas por parte da organización e do Concelleiro de Cultura. Seguidamente sorteouse un lote de produtos entre o público asistente e como broche final ás tres bandas interpretaron unhas pezas en conxunto.
Agradecemos a colaboración do Concello da Guarda, da Deputación, da Federación Galega de Bandas de Música, de “La Caixa” e a de todos os establecementos, empresas e particulares que nos axudaron economicamente, xa que sen eles non sería posible a realización deste Festival.
Moitas grazas a todos e ata o ano que ven.
jueves, 18 de agosto de 2011
domingo, 6 de febrero de 2011
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2011
A Xunta Directiva da Agrupación Musical da Guarda convoca aos seus socios e socias á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá a seguinte orde do día:
- 1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
- 2. Estado de contas a 31/12/10
- 3. Actividades previstas para o ano 2011
- 4. Novos socios
- 5. Renovación parcial da Xunta Directiva
- 6. Rogos e preguntas
Lugar: local de ensaios da Banda
Data: o día 19 de febreiro de 2011
Hora: ás 19:00 horas en primeira convocatoria e as 19:30 en segunda convocatoria
Etiquetas:
Noticias e avisos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




