domingo, 6 de febrero de 2011
viernes, 10 de diciembre de 2010
IV CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA
En Santiago, no Auditorio de Galicia, tivo lugar o pasado 19 de novembro o IV Certame de Bandas de Música. A nosa Agrupación participou por primeira vez neste evento, a pesar do pouco tempo de que dispuxeron para preparar as obras (tan só un mes) e co noso director Víctor aínda afastado das súas funcións polo accidente que sufrira o pasado verán. Da man do director substituto Francisco Abal Rosales, traballaron duro e acadaron o cuarto premio na terceira categoría. As obras interpretadas foron: "Agüero" de J. Franco como pasodobre de presentación, "Auga levada" de Juan Manuel Eiras Tojo (obra obrigada) e como obra libre a banda interpretou "RobinsonCrusoe" de Bert Appermont.
Os nosos parabéns a tódolos compoñentes da banda e ánimo que ides moi ben.
Momento no que interpretaron "Robinson Crusoe"
Os nosos parabéns a tódolos compoñentes da banda e ánimo que ides moi ben.
Momento no que interpretaron "Robinson Crusoe"
domingo, 10 de octubre de 2010
X Certame Provincial de Bandas de Música
O día 2 de outubro celebrouse en Pontevedra o X Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación, no que participou a Agrupación Musical de A Guarda na 3ª categoria (ata 45 músicos).
Este ano a obra obrigada foi "Retrincos" de David Fiuza e como obra libre a banda interpretou "Robinson Crusoe" de Bert Appermont; o pasodobre de presentación foi "Agüero" de J. Franco
A Agrupación estivo dirixida por Francisco Abal Rosales que substituiu ó noso director Víctor que aínda non se recuperou das súas lesións. A Agrupación Musical de A Guarda acadou nesta edición o 3º premio.
A xunta directiva quere felicitar a tódolos compoñentes da banda polo logro e agradecerlles o esforzo realizado no último mes para preparar as obras con tan pouco tempo de antelación.
Momento no que interpretaron "Peito de lobo", o 3º tempo da obra "Retrincos":

Etiquetas:
actividades,
Certames
Concerto da Agrupación Musical de A Guarda
O pasado día 18 de setembro a Agrupación Musical de A Guarda ofreceu un concerto na Praza de San Bieito que serviu como ensaio para o X Certame Provincial de Bandas. Nesta ocasión a banda estivo dirixida por Francisco Abal Rosales que será tamén o seu director no Certame. Ante a presencia dunha boa cantidade de público interpretaron o seguinte programa:
- AGÜERO (pasodoble)..............................................................................J. Franco
- RETRINCOS.......................................................................................David Fiuza
o O segredo
o O inglés
o Peito de lobo
o O retrato
o Sabela
- ROBINSON CRUSOE..................................................................Bert Appermont
- HAPPY MALLETS...............................................................................Harm Evers
Xilófono solista: Julián Lomba Castro
- NOITES DE LÚA NA PRAIA.......................................................Ernesto Campos
Gaita solista: Sara Márquez Rodríguez
- MI TIERRA GALLEGA...........................................Prudencio Romo (Los Tamara)
As tres primeiras obras son as que a nosa banda interpretou no Certame: un pasodoble de presentación, unha obra obrigada (Retrincos) e unha obra de libre elección (Robinson Crusoe).
Etiquetas:
actividades,
Concertos
IV Festival de Bandas de Música Vila da Guarda
O pasado día 11 de setembro celebrouse na Praza de San Bieito o “IV Festival de Bandas de Música Vila da Guarda” organizado pola Agrupación Musical de A Guarda, no que participaron como bandas invitadas a Banda Municipal de Música de Lousame e a Banda de Música de Chapela, ademais da nosa banda. O evento estivo presentado por Julia Sobrino, a quen agradecemos a súa valiosa colaboración. Sinalar que este ano a Agrupación Musical de A Guarda non puido tocar baixo a batuta do seu director Víctor quen está lesionado debido a un accidente de circulación, polo que está temporalmente afastado do seu traballo. Desexámoslle unha rápida e total recuperación. O director foi nesta ocasión o profesor José Antonio Soutelo Muñoz - grazas J. Antonio pola túa axuda- .O festival foi presenciado por un numeroso público que gozou da música que ofreceron as distintas agrupacións e que se mantivo ata o final do evento apoiando en todo momento as bandas participantes. O bo tempo tamén contribuíu a que unha vez máis o acto resultara un éxito..
As bandas interpretaron o seguinte programa:
BANDA MUNICIPAL DE MUSICA DE LOUSAME
1. Coruña…………………………………………… Faustino del Río
2. Retratos de España……………..………………. Teodoro Aparicio
3. Virginia………………………………………….. Jacob de Haan
4. Crego e poeta………………………………….. Prudencio Romo
Director: Fernando Froján Canle
BANDA DE MÚSICA DE CHAPELA
1. El Soro…………….……………….………………………E. Ros
2. Rapsodia Galega..(2º Mvto)………….…..…….……..Juan Montes
3. Diógenes……………………………….…..………Jacob de Haan
4. Noites de lúa na praia…...…….…Ernesto Campos e X.L. Represas
5. Mozos do Penedo
Director: Severino Pedrosa Núñez
AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA
1. Agüero (pasodoble).............................................................J. Franco
2. Riverien Cyclus................................................................A. Malando
3. Les Miserables..........................................................C.M.Schonberg
4. Saraldara (muiñeira)................................................................J. Ces
5. El tío Caniyitas...................................................................R. Dorado
Director: José Antonio Soutelo Muñoz
Ó finalizar as actuacións houbo un intercambio de agasallos entre as bandas e tamén o Sr. Alcalde e o Concelleiro de Cultura fixeron entrega duns agasallos ás bandas participantes.
Dende aquí queremos agradecer a colaboración do Concello da Guarda, da Deputación, da Federación Galega de Bandas de Música, de “La Caixa” e por suposto a de todos os establecementos, empresas e particulares que non dubidaron en apoiarnos e axudarnos economicamente e sen os que non sería posible a realización deste Festival.

Moitas grazas a todos, esperamos vernos de novo o vindeiro 2011.
domingo, 12 de septiembre de 2010
jueves, 2 de septiembre de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)