sábado, 28 de julio de 2018

UN CONCERTO DE PELÍCULA


Onte venres tivo lugar no Porto de A Guarda o noso “Concerto de película”. Foi un concerto diferente dos habituais no que a imaxe tivo un papel destacado ao combinala coa música da banda. Acompañados por un moi numeroso público, lembramos coñecidas bandas sonoras que todos temos na nosa mente. Este concerto estivo enmarcado na XV Festa do Peixe Espada, organizada por OR.PA.GU, a quen facemos chegar o noso agradecemento por todo o seu apoio e a confianza que puxeron en nós.  Foi un pracer ofrecer este espectáculo do que desfrutamos moito, esperamos que vos gustase tanto como a nós.

Grazas a todos por a vosa compañía e polos vosos aplausos. O noso agradecemento tamén ao Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra.

Aproveitamos para lembrarvos que pronto estaremos de novo con todos no Festival de Bandas de Música “Vila da Guarda”. Non Faltedes!!. 

Podes ver as imaxes de Lalo Rodríguez neste enlace: Concerto de Película




lunes, 23 de julio de 2018

2ª MOSTRA MUSICAL


O pasado sábado ofrecemos a segunda mostra musical na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos.  Acompañados por un bo número de veciños e veciñas desa localidade, tratamos de amosar aos presentes as diferenzas entre os instrumentos máis habituais nunha banda, os diferentes estilos musicais, e as posibilidades que ofrece tocar en grupo.
Foi un pracer compartir esta xornada cos veciños e veciñas de Camposancos.  Moitísimas grazas a todos por asistir e o noso agradecemento á Comunidade de Montes de Camposancos pola súa colaboración.

Deixámosvos unhas imaxes:




sábado, 14 de julio de 2018

domingo, 1 de julio de 2018

MOSTRA A GÁNDARA


O pasado venres tivo lugar a primeira das mostras musicais que temos organizadas para este verán. Foi nas instalacións da A. V. O Percamiño. Pasamos un rato moi agradable na compañía dos veciños e veciñas da Gándara cos que tivemos ocasión de compartir un pouco de música e de amosarlles os diferentes instrumentos que compoñen unha banda de música. Esperamos que o pasarades tan ben como nós. Moitas grazas pola vosa asistencia e polo ben que nos tratastes.
 
O noso agradecemento á Asociación de Veciños “O Percamiño” por deixarnos as súas instalacións para a celebración deste acto.