lunes, 6 de abril de 2026

CONCERTOS NAS PARROQUIAS

E rematada a Semana Santa, xa estamos listos para comezar cos concertos deste ano cunha nova edición dos Concertos nas Parroquias. O primeiro será na Praza da Guía o vindeiro sábado 18 ás 19:30 h, Aquí tedes o cartel para que non esquezades as datas.

Agardámosvos!!


 

sábado, 4 de abril de 2026

SEMANA SANTA

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Coa procesión da Soidade desta mañá, rematamos a participación da nosa banda na Semana Santa. Deixámosvos unhas fotos dos nosos músicos.

  





 

lunes, 23 de marzo de 2026

OBRADOIRO "COIDADOS DO MEU INSTRUMENTO DE VENTO"

Así de ben foi o obradoiro do pasado sábado!

Despois de aprender a facer pequenas reparacións e unha boa limpeza, xa temos os instrumentos listos para todas as próximas actuacións!
Moitas grazas a Mais que ventos por compartir esta tarde con nós. 
 





 

lunes, 16 de marzo de 2026

Continuamos con actividades para complementar a formación dos nosos músicos. O próximo fin de semana contaremos con un obradoiro no que profundizaremos nos coidados que requiren os instrumentos de vento. Será un obradoiro gratuito a cargo de Gabriel Saito e Ángel Suárez, técnicos e reparadores de instrumentos de vento metal e vento madeira.