Dende a Agrupación Musical da Guarda queremos desexarvos unhas moi boas festas.
Tamén agradecervos con moito agarimo por ternos acompañado neste ano tan especial, celebrando o noso XX aniversario.
Onte tivemos ocasión de poñer música nos actos da celebración do CXXXV aniversario do Recreo Artístico Guardés. Pasámolo moi ben tocando para os socios, socias e convidados que encheron o local.
Moi agradecidos polo trato recibido e os aplausos dos asistentes. Foi un pracer participar no aniversario da emblemática e centenaria asociación cultural. Moitas grazas por contar con nós.
Actuación incluída dentro do programa Culturea