Onte pasamos un bo día na Gándara, nas Festas da Virxe das Mercedes. Moitas grazas á comisión de festas por contar con nós e por suposto a todo o público asistente.
Deixámosvos unhas fotos.
Actuación incluída no programa Culturea
O último dos "Concertos nas parroquias", onte na Praza de San Amaro en Camposancos, nunha tarde gris e a piques de chover pero deunos tempo a rematar o concerto sen problema.
Moitas grazas a todos os asistentes, esperamos que vos gustara. O noso agradecemento ao Concello de A Guarda e a Entidade Local Menor de Camposancos pola súa colaboración.
Outro ano máis pondo música nas festas de Ribadavila, acompañando á procesión e animando ás rúas. Moitas grazas á comisión por contar con nós.
Actuación incluída no programa Culturea
Onte na Praza de Buxán desfrutamos dunha fermosa tarde musical acompañados dun público xenial a quen damos as grazas por achegarse e polos seus aplausos. Incluso houbo algúns voluntarios que se animaron a unirse á banda para interpretar a última peza, e non o fixeron nada mal 😄!
Un pracer estar en Buxán. Vémonos de novo o vindeiro sábado 13 ás 18:30 en Camposancos. Agardámosvos!!
O noso agradecemento ao Concello da Guarda e á Policía Local pola súa colaboración.
Pablo e Elena dándoo todo!
Colabora