sábado, 30 de agosto de 2025

CONCERTOS NAS PARROQUIAS: SALCIDOS

 A chuvia deu unha tregua para o primeiro dos "Concertos nas Parroquias". En Salcidos, ante un fantástico público que nos animou ata o final. Grazas por asistir.

Vémonos o vindeiro venres en Buxán. Non faltedes!








Estes concertos contan coa colaboración do Concello da Guarda


 

lunes, 25 de agosto de 2025

CONCERTOS NAS PARROQUIAS

 E seguimos coa música a todas partes. Estes son os próximos concertos. Agardámosvos!

 


domingo, 24 de agosto de 2025

CONXERTO XX ANIVERSARIO

Que vos pareceu o concerto de onte? Pasámolo moi ben celebrando o noso XX aniversario con vos. Agardamos que vos gustara tanto como a nós. Encantados de contar coa compañía de Ubaldo, Kike e Jorge, aos que agradecemos a súa colaboración neste concerto. Unha aperta! Moitas grazas aos nosos músicos e a Víctor polo seu traballo. Noraboa. Unha mención especial a Pierre polos seus 20 anos na banda, grazas por todo compañeiro. E por suposto moitísimas grazas a todos e todas por vir gozar da música coa nosa banda, sodes os mellores!

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da actuación.


 




Coa colaboración de

 


jueves, 14 de agosto de 2025

CONCERTO XX ANIVERSARIO

 E xa falta moi pouco para o noso concerto do XX Aniversario!

Ofreceremos música de bandas sonoras e coñecidos temas de Rock, para os que contaremos coa colaboración especial de Ubaldo Zabala á guitarra, Kike Morillas ao baixo e Jorge FErnández aos teclados. Agardámosvos!!


 

viernes, 8 de agosto de 2025

FESTA SAN MAMED

E onte estivemos pondo música nas Festas de San Mamed en Pedornes onde fomos moi ben recibidos. Moitas grazas á Comisión de Festas por contar con nós.




 
Actuación incluída no programa Culturea: 


 

lunes, 4 de agosto de 2025

FESTA DE SAN CAETANO

Onte estivemos en San Caetano percorrendo o barrio e acompañando á procesión. Botamos de menos o airiño fresco da Cruzada 😅.

Grazas por contar con nós un ano máis.