lunes, 20 de octubre de 2025

OBRADOIROS DE VENTO MADEIRA

 Remataron os Obradoiros de Vento Madeira. Unhas instructivas e proveitosas xornadas que os nosos músicos souberon aproveitar e desfrutar, coas ensinanzas duns grandes profesionais como Fernando Raña, Rafael Yebra e Asterio Leiva. Un pracer contar con eles. 

Aquí tedes algunhas fotos destes obradoiros.



 Arriba, Fernando Raña coas nosas frautistas. Abaixo Rafael Yebra e os participantes de saxofón.

 


 

 E a continuación os de clarinete, con Asterio Leiva
 
 
 
 
 
Coa colaboración de:
 

 

 

jueves, 9 de octubre de 2025

OBRADOIROS DE VENTO MADEIRA

 

Para comezar o novo curso, os instrumentistas da banda terán a oportunidade de asistir a obradoiros impartidos por mestres de moi alto nivel.
Os obradoiros serán desta vez para os músicos de vento madeira. Os mestres proporcionaranlles os recursos para mellorar a súa calidade musical, complementando a formación musical de todos eles.
Esperamos que aprendan moito!!
 
                                      Colabora: 


 

lunes, 22 de septiembre de 2025

 Onte pasamos un bo día na Gándara, nas Festas da Virxe das Mercedes. Moitas grazas á comisión de festas por contar con nós e por suposto a todo o público asistente.

Deixámosvos unhas fotos.





                                  Actuación incluída no programa Culturea

                                             


 

domingo, 14 de septiembre de 2025

CONCERTOS NAS PARROQUIAS: CAMPOSANCOS

 O último dos "Concertos nas parroquias", onte na Praza de San Amaro en Camposancos, nunha tarde gris e a piques de chover pero deunos tempo a rematar o concerto sen problema.

Moitas grazas a todos os asistentes, esperamos que vos gustara. O noso agradecemento ao Concello de A Guarda e a Entidade Local Menor de Camposancos pola súa colaboración.







                                               Coa colaboración de 

domingo, 7 de septiembre de 2025

FESTAS DA VIRXE DA GUÍA

Outro ano máis pondo música nas festas de Ribadavila, acompañando á procesión e animando ás rúas. Moitas grazas á comisión por contar con nós.

 







 Actuación incluída no programa Culturea


 

sábado, 6 de septiembre de 2025

CONCERTOS NAS PARROQUIAS: BUXÁN

Onte na Praza de Buxán desfrutamos dunha fermosa tarde musical acompañados dun público xenial a quen damos as grazas por achegarse e polos seus aplausos. Incluso houbo algúns voluntarios que se animaron a unirse á banda para interpretar a última peza, e non o fixeron nada mal 😄! 

Un pracer estar en Buxán. Vémonos de novo o vindeiro sábado 13 ás 18:30 en Camposancos. Agardámosvos!!

O noso agradecemento ao Concello da Guarda e á Policía Local pola súa colaboración.


                                                             Pablo e Elena dándoo todo!


 


                                                Colabora 


sábado, 30 de agosto de 2025

CONCERTOS NAS PARROQUIAS: SALCIDOS

 A chuvia deu unha tregua para o primeiro dos "Concertos nas Parroquias". En Salcidos, ante un fantástico público que nos animou ata o final. Grazas por asistir.

Vémonos o vindeiro venres en Buxán. Non faltedes!








Estes concertos contan coa colaboración do Concello da Guarda


 

lunes, 25 de agosto de 2025

CONCERTOS NAS PARROQUIAS

 E seguimos coa música a todas partes. Estes son os próximos concertos. Agardámosvos!

 


domingo, 24 de agosto de 2025

CONXERTO XX ANIVERSARIO

Que vos pareceu o concerto de onte? Pasámolo moi ben celebrando o noso XX aniversario con vos. Agardamos que vos gustara tanto como a nós. Encantados de contar coa compañía de Ubaldo, Kike e Jorge, aos que agradecemos a súa colaboración neste concerto. Unha aperta! Moitas grazas aos nosos músicos e a Víctor polo seu traballo. Noraboa. Unha mención especial a Pierre polos seus 20 anos na banda, grazas por todo compañeiro. E por suposto moitísimas grazas a todos e todas por vir gozar da música coa nosa banda, sodes os mellores!

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da actuación.


 




Coa colaboración de